O BNG recolle sinaturas contra a suba da factura da luz.

Publicado por Redacción en

🚨IMPORTANTE:Estamos a realizar unha campaña de recollida de sinaturas en contra da subida excesiva da factura da luz. É unha auténtica estafa, sabendo que os galegos e galegas vivimos nun territorio cun gran excedente eléctrico. Somos os grandes exportadores de electricidade sen que iso supoña ningún tipo de beneficio para o pobo galego na súa factura, senón que aínda a pagamos máis cara ca no resto do Estado. Polo tanto, calquera persoa maior de idade podo asinar en sinal de protesta. Para facelo podedes comentar nesta publicación, dicirmo a min persoalmente, ou poñerse en contacto co BNG Pontecesures tanto en Facebook coma en Instagram. Ás persoas interesadas facilitarémoslles unha folla para cubrir os datos e asinar (se algún establecemento quere colaborar daremoslles algunhas tamén). Xa son moitas as persoas que firmaron e gustaríanos que fosen moitas máis. BASTA XA DE ABUSOS POR PARTE DAS COMPAÑÍAS ELÉCTRICAS!

Alberto Rivas De Jesús. BNG PONTECESURES


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.