CAMPAÑA DE VERÁN 2022 (CAMPAMENTOS DE VERÁN DA XUNTA DE GALICIA)

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Ao abeiro da Orde do 9 de maio de 2022 da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, saeu publicada no Diario Oficial de Galicia (D.O.G. nº 94 do 16/maio/2022) a oferta de prazas en campamentos xuvenís dentro do Programa “CAMPAÑA DE VERÁN-2022” para rapaces/as de 9 a 17 anos. Este programa consiste en estadías de 1 ou 2 semanas en residencias xuvenís tanto en Galicia como noutras Comunidades Autónomas, durante as cales se realizan diferentes actividades, tanto de ocio e lecer como didácticas e deportivas.

O prazo para a solicitude de prazas para estos campamentos é DENDE O DÍA 18 ATA O 26 DE MAIO DE 2022
, tendo a disposición de tódolos interesados/as as solicitudes e o resto da documentación na Oficina Municipal de Información Xuvenil na Casa do Concello.
Os interesados/as en participar nestos campamentos poden obter máis información na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) do Concello de Pontecesures (Teléf.: 986 56 44 10).Máis información na web da Xunta de Galicia, no seguinte enlace:
 http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran

LINK PARA PRESENTACIÓN ELECTRÓNICA (Necesaria CHAVE365, Dni-e ou certificado de sinatura dixital): Premer AQUÍ
 CAMPAÑA VERÁN 2022: CONVOCATORIA NO DOG (Diario Oficial de Galicia)
 CAMPAÑA VERÁN 2022: FOLLETO INFORMATIVO DOS CAMPAMENTOS.
Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.