O BNG de Pontecesures insiste na súa postura contraria ao polígono.

Publicado por Redacción en

O futuro de Pontecesures xógase na Tarroeira, temos que pensar se queremos ser unha vila pantasma e decadente con polígono ou unha vila activa, dinámica e atractiva, potenciando a economía local e os nosos recursos.

Nas últimas semanas, veciñas e veciños de Pontecesures están trasladándonos a súa preocupación ante algunhas informacións que se están difundindo respecto ó polígono industrial da Tarroeira. Vendo as declaracións de Alfonso Rueda respecto da necesidade de satisfacer os intereses dos poderes económicos (galegos ou non, que máis dará), podemos concluir que os intereses das veciñas e veciños de Pontecesures impórtanlle NADA.

O interés por manterse no poder nas vindeiras eleccións municipais, o cal garantiza poder seguir outros catros anos quecendo o sillón sen máis preocupación que combinar colores; así como, os intereses económicos empresariais que se agochan neste proxecto, confluen nunha postura única basada na comunicación tóxica, na desinformación e nunha ausencia total de ética e respecto pola nosa vila e as nosas veciñas e veciños.

Estase trasladando ás veciñas e veciños que o polígono non afecta ás vivendas, que non impactará na súa calidade de vida e que non xenerará contaminación acústica, visual ou ambiental. As zonas pintadas de amarelo están destinadas a INDUSTRIA, hai que decilo alto e claro; e evidente que quedan pegadas ás vivendas e dotacións públicas, sinaladas en vermello.

Que cada un saque as súas propias conclusións…..sobre si, directamente, meter as vivendas dentro do polígono que será moi beneficioso para todas e todos xa que xerará postos de traballo. Lembrar que o propio xerente de STAC non fala de NOVOS EMPREGOS, senón de MANTER os equipos actuáis. Como se desprende das súas declaracións, a parcela máis grande estaría destinada a satisfacer “los intereses de la firma”, xa que conta con unha superficie duns 80,000 m2, xusto a superficie que precisan, según as súas propias declaracións en prensa.Falamos de FÁBRICAS, INDUSTRIA, que, en moitos casos, traballa sete días á semana; 24 horas e 365 días ó ano. Alguén pensa que esto non vai ser perxudicial para as veciñas e veciños ou que non vai afectar ás vivendas?

BNG Pontecesures

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.