O Náutico de Pontecesures no Campionato de España de Inverno.

Publicado por Redacción en

Coas primeiras citas do calendario galego a modo de pretemporada, o piragüismo arousán inicia hoxe o calendario nacional. Faino con 44 padexeiros desprazados a Sevilla para disputar o Campionato de España de Inverno de categorías Júnior, Sub 23, Sénior, Máster e Paracanoe. Unha cita sobre 5.000 metros que, só naquelas contadas modalidades e categorías con máis de 70 inscritos, oito este ano, se dirime o nome dos outros tantos finalistas en semifinais sobre 3.000 metros.

As Torres-Romaría Vikinga de Catoira é o cuarto equipo galego con maior presenza na cita sevillana. Dezaseis dos seus deportistas buscan puntuar para o seu club na que é a primeira proba oficial da Liga Nacional de Esprint, algúns, con serias opcións de medalla. Este último é o caso de Pedro Torrado e de Kevin Longo no C1 Júnior, co primeiro defendendo título. Ademais, nas filas vikingas teñen postas tamén esperanzas nas posibilidades de Fernando Busto, no C1 Sénior, e da súa gran fichaxe este curso, o tudense Iván Alonso, no K1 Sénior.

Náutico O Muíño de Ribadumia viaxou ao Nacional de Inverno con 9 padexeiros. As súas maiores esperanzas están depositadas nas opcións de Manuel Fontán e de Carlos Gutier Picón no C1 Sub 23.

Dos 7 competidores inscritos polo Breogán do Grove, os canoístas Diego Domínguez, na categoría Sub 23, e Diego Romero e Tono Campos, na Sénior, aspiran a revalidar a súa presenza no podio do ano pasado; Diego, pelexando por relevar o seu irmán Noel, este ano xa sénior, no máis alto do caixón.

Con 5 padexeiros cada un se presentan o Náutico Pontecesures e o Piragüismo Illa de Arousa en augas sevillanas. O equipo do Baixo Ulla acode capitaneado no C1 Júnior por Nerea Novo, internacional de maratón o ano pasado e vixente campioa galega de inverno. No da Illa sobresaen os dous caiaquistas júniores Lucía Tenreiro e Antón Dorado.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.