Os socialistas de Pontecesures publican o escrito da administración estatal á Xunta informando desfavorablemente o polígono e que exixe un estudo de tráfico.

Publicado por Redacción en

Levamos tempo reclamando en diferentes plenos que o Concello se dirixa ao MITMA (Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana) para resolver os problemas dos veciños e veciñas de Pontecesures: a reparación das beirarrúas da N-550, dar solución a saída desde a rúa Víctor García cara a propia N-550, a mellora da visibilidade nos pasos de peóns na mesma estrada, o estado da ponte interprovincial… en ningún momento se dirixiu a este Ministerio por estes asuntos; eso sí, tempo lle faltou para solicitar un acceso desde a estrada N-550 ata o previsto polígono industrial. Agora, o Ministerio ven de INFORMAR DESFAVORABLEMENTE a dito acceso. Cousas que pasan cando a túa prioridade non é o benestar da veciñanza…

Socialistas de Pontecesures


2 comentarios

Diputero · 1-04-2023 a las 17:31

Xa estamos, o ministerio do PSOE filtrando un informe que vai a Xunta para tratar de axudar a os socialistas de Cesures na campaña, atrancos porque o proxecto e do PP
Pero e unha coña que se poñan problemas de trafico cando todos os días pasan camions grandes e transportes especiais pola nacional, os de carreteras non se preocupan polas aceras nin polo ponte do río pero agora preocupanse porque pasen camions para un pequeno poligono chafando a economia e o empleo dun pobo,
xa non chegan os escandalos do goberno o de Tito Berni, Marlaska, indultos, si ou si, dos Eres, o falcon…tamén fastidiando
Que lles vote Txapote

    susana · 12-04-2023 a las 01:52

    Pero meu miniño.. ti de onde saíches? O tema do polígono é unha desfeita mires por donde mires… Qué terá que ver o que andas a decir?

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.