Nota do BNG de Pontecesures sobre o seu resultado electoral.

Publicado por Redacción en

Este 28 de maio, o BNG acadou un gran resultado en Pontecesures. 545 persoas que depositaron a súa confianza neste proxecto e que nos fan medrar en 248 votos, e acadar 4 escaños.

Soamente podemos expresar agradecemento, e garantir que seguiremos traballando o mellor que sabemos. Esperamos que este gran resultado poida seguir medrando, e que máis xente confíe neste equipo.

Ser segunda forza fainos estar en situación de disputar a alcaldía, buscaremos unha solución polo ben da veciñanza. Grazas de todo corazón por parte de todo este equipo humano, que traballou, loitou, aguantou de todo e seguirá cada vez máis unido!

BNG Pontecesures

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.