Bello Maneiro: «A oposición ten o pago á súa política destrutiva».

Publicado por Redacción en

O BNG ponse a disposición dos veciños de Valga tras regresar logo de 8 anos á corporación 

Moi duro se amosou José María Bello Maneiro coa que foi a súa oposición no mandato que vén de rematar na valoración dos resultados electorais que o afianzan novamente na alcaldía de Valga tras máis de 30 anos no cargo. Logo de sinalar a obtención de 9 dos 13 concelleiros en xogo, da súa vitoria en todas as mesas electorais e de que quedou a 26 votos do décimo edil, o alcalde do PP sentenza: «Os valgueses confían en nós para rexer o futuro de Valga, non lles interesan as denuncias reiteradas por parte dos dous grupos da oposición. Aí teñen o seu pago. Estas son as consecuencias da política destrutiva e de acoso e derribo que fixeron contra este goberno», sinalando a desaparición da marea local e a caída de 3 a 2 dos edís do PSOE. Maneiro felicitouse tamén pola recuperación da Deputación de Pontevedra por polo PP, criticando a súa presidenta saínte, a socialista Carmela Silva, por sumarse a esas «políticas destrutivas» contra Valga.

Satisfacción no BNG

Pola súa banda, Fran Devesa, cabeza de cartel do BNG, di que na súa formación «estamos moi contentos de poder volver representar os valgueses» tras 8 anos fóra da corporación, poñéndose á disposición «de todos os veciños».

La Voz de Galicia

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.