O goberno local saínte de Pontecesures informa que obtivo 286.378 € de varias liñas do Plan Concellos de Deputación.

Publicado por Redacción en

XUDAS SOLICITADAS A TRAVES DA LIÑAS I, II E III DO PLAN CONCELLOS 2023.

LIÑA I: OBRAS. (3 PROXECTOS)1.- “Acondicionamento e Melloras en Diversos Viais, Camiños e Lugares de Pontecesures” cun orzamento de 82019,34 €, redactado polo Enxeñeiro de Camiños, C. e P. D. Pablo Blanco Ferreiro, da empresa “Estudio Técnico Gallego S.A.2.- “Mellora da Mobilidade en San Xulian” por un importe total IVE incluído de 158.723,54 € (redacción do proxecto por 3.085,50 €, e execución da obra por importe de 155.638,04 €).3.- “Mellora dun tramo da rúa Porto de Arriba”, redactado polo arquitecto municipal D. Carlos Basada Ferreiro, por un importe total de 25.198,30 €.

LIÑA II: PAGO GASTO CORRENTE. (3 MESUALIDADES CANON BASURA)O Concello solicitou unha subvención por importe de 35.685,25 €, con cargo ao Plan de obras e Servizos (Plan Concellos) 2023 co obxecto do financiamento do gasto corrente novo (Liña II “amortización, pagamento de débedas e gastos correntes”) correspondentes ás cotas provisionais de febreiro, marzo e abril de 2023, que corresponden respectivamente ós meses de xaneiro, febreiro e marzo de 2023, do canon de prestación do servizo de recollida e tratamento dos residuos sólidos urbanos, e das cotas no mesmo período de tempo da recollida do RAEE e pequenos escombros domésticos da construción ó ente “Mancomunidade de concellos Serra do Barbanza”, que teñen un custo total de 47.750,40 €.O Concello asume con fondos propios a diferenza do custo total, achegando a contía de 12.065,15 €.

LIÑA III: CONTRATACION PERSOAS DESEMPREGADASNa outra liña xa concedida: a liña III (Emprego), este concello recibiu unha subvención por importe de 84.752,46 €, pola que se contrataron 5 traballadores/as desempregados/as. Foron os seguintes postos: 2 peóns de Obra Pública, 1 peón de limpeza de edificios, 1 peón limpeza viaria e 1 administrativa,. Ditas contratacións fixéronse entre finais de marzo e o mes de abril ate ó vindeiro 31/12/2023. Cada contrato é de 30 h. á semana,O custo total das contratacións é de 88.917,93 €. polo que o Concello financiara estas contratacións con fondos propios 4.165,47 €.

Concello de Pontecesures

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.