A Casa de Rosalía en Padrón acolle o festival ‘Abride a Fiestra’.

Publicado por Redacción en

Casa de Rosalía en Padrón /cedida

A Fundación Rosalía de Castro acolle hoxe en Padrón a quinta edición do festival ‘Abride a Fiestra’, coincidindo co día no que se cumpren 138 anos do pasamento da autora. O evento acollerá diferentes manifestacións culturais das que Rosalía será a figura central. Entre os protagonistas do evento están Xisco Feijoo, AldaoLado, Antón Reixa, Xurxo Souto, Olga Novo e Moncha Fuentes, entre outros. A xornada da comezo ás 11 da mañá e ata media noite acollerá máis dunha vintena de actividades. Visitas guiadas pola Horta de Rosalía ou a Casa para crianzas, recitais e presentacións de libros son algunhas das posibilidades. Ademais haberá unha cata de viños a e unha degustación de vermú. Tamén haberá posibilidade de xantar na propia Horta da Casa da Matanza a partir das 14.00 horas.

Asimismo, para os máis pequenos haberá un espazo de brinquedos tradicionais, un obradoiro de brinquedos sonoros e un concerto de Ce Orquestra Pantasma. Durante todo o día na Casa de Rosalía haberá feira de produtos rosalianos, un espazo de brinquedos tradicionais, e un pianista residente ao Piano de Rosalía. Esta edición do ‘Abride a Fiestra’ rematará coa observación da estrela Rosalía de Castro canda a Agrupación Astronómica Ío, para a que se recomenda levar primáticos.

El Correo Gallego


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.