O bilbaíno de orixe xalleiro Iñaki Túrnez recolleu en Padrón o Premio Literario Camilo José Cela.

Publicado por Redacción en

Presentáronse máis dun cento de relatos de toda España

Iñaki Túrnez, no centro, recibindo o premio de mans do alcalde, Anxo Arca

Iñaki Túrnez, no centro, recibindo o premio de mans do alcalde, Anxo Arca.

“Recibo este premio en honor a unha xalleira, a miña bisavoa Carmen Turnes. O bisneto volve a casa”. Con estas palabras recollía este sábado Iñaki Túrnez o premio da 33 edición do Premio Literario Camilo José Cela, que convoca o Concello de Padrón e que lle entregou o alcalde, Anxo Arca, no paraninfo da fundación que leva o nome do Nóbel.

Presentáronse máis dun cento de relatos de toda España. “É xa un certame cunha forte implantación, e aínda que se diga que nunca son bos tempos para a literatura, aquí estamos, entregando o premio da 33 edición dun dos certames literarios máis consolidados de todo o Estado”, dixo o rexedor, Anxo Arca.

O premio está dotado con 1.500 euros e unha estatuíña co busto do escritor. Tras recoller o galardón, Iñaki Túrnez asegurou que “Divina Apostasía é o meu relato máis disparatado e irreverente. Cando o rematei, atopei as bases do Premio Camilo José Cela e díxenme: isto a don Camilo non lle ía a escarmentar en absoluto”, polo que decidiu presentalo ao certame padronés.

El Correo Gallego

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.