Actividades dos «Maios» en Pontecesures.





O pasado sábado falamos do maio e de maio: 𝐝𝐚𝐬 𝐚𝐜𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬 𝐞 𝐝𝐨𝐬 𝐫𝐢𝐭𝐨𝐬 𝐯𝐞𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐚𝐝𝐨𝐬 𝐚 𝐞𝐬𝐭𝐚 é𝐩𝐨𝐜𝐚 𝐝𝐨 𝐚𝐧𝐨. A colaboración das mulleres que participaron na actividade foi decisiva para, por unha banda elaborar o maio e, por outra, para coñecer e descubrir ritos e costumes da zona.
No mes de maio, na Ascensión, as mulleres embarazadas non podían, dende que saía o sol ata que volvía a poñerse, realizar ningunha actividade, nin sequera peinarse; a colocación da xesta é un rito propio da nosa comarca para evitar quedar «amaiado» o resto do ano e descoñecido para os e as asistentes que viñeron doutras vilas; no San Isidro Labrador non se podían traballar as leiras, xa que existía a crenza de que perxudicaría ás colleitas…..
Temos que 𝐚𝐠𝐫𝐚𝐝𝐞𝐜𝐞𝐫 𝐨 𝐞𝐧𝐨𝐫𝐦𝐞 𝐭𝐫𝐚𝐛𝐚𝐥𝐥𝐨 𝐫𝐞𝐚𝐥𝐢𝐳𝐚𝐝𝐨 𝐩𝐨𝐥𝐨 𝐠𝐫𝐮𝐩𝐨 𝐝𝐞 𝐦𝐮𝐥𝐥𝐞𝐫𝐞𝐬 𝐪𝐮𝐞 𝐞𝐥𝐚𝐛𝐨𝐫𝐚𝐫𝐨𝐧 𝐮𝐧 𝐦𝐚𝐢𝐨 𝐦𝐨𝐢 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐜𝐮𝐥𝐚𝐫 𝐯𝐞𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐚𝐝𝐨 á 𝐧𝐨𝐬𝐚 𝐜𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚, 𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐩𝐚𝐭𝐢𝐟𝐚 que estará exposta na Praza de Abastos, e que aportaron a súa transmisión de coñecemento en torno a costumes descoñecidas para a maioría.
Concello de Pontecesures
0 comentarios