A Dipùtación subvenciona a «Reordenación da rúa Carlos Maside».

Publicado por Redacción en

A alcaldesa de Pontecesures, Maite Tocino asinou o pasado martes a formalización do Convenio coa Deputación de Pontevedra do «𝐏𝐫𝐨𝐱𝐞𝐜𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐑𝐞𝐨𝐫𝐝𝐞𝐧𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐅𝐮𝐧𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐚 𝐫ú𝐚 𝐂𝐚𝐫𝐥𝐨𝐬 𝐌𝐚𝐬𝐢𝐝𝐞»

O proxecto ten un carácter renovador e actualizador nun ámbito que, a día de hoxe, atópase nun avanzado estado de deterioro, actuando non só nos aspectos visuais e de convivencia veciñal e peonil senón tamén na renovación de infraestructuras e servizos.

O proxecto, que 𝐚𝐬𝐜𝐞𝐧𝐝𝐞 𝐚 𝐮𝐧 𝐭𝐨𝐭𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝟒𝟑𝟔.𝟑𝟖𝟕,𝟔𝟓 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐬, comprende:

𝐌𝐞𝐥𝐥𝐨𝐫𝐚 𝐚𝐦𝐛𝐢𝐞𝐧𝐭𝐚𝐥.
Instalación dunha nova rede separativa de saneamento, reducindo o aporte de pluviais á rede de depuración.
Creación dunha barreira vexetal ó pé da infraestructura ferroviaria para mitigar o impacto da mesma no entorno.
Reordenación do sistema de alumeado público

𝐌𝐞𝐥𝐥𝐨𝐫𝐚 𝐩𝐞𝐨𝐧𝐢𝐥 𝐞 𝐝𝐨 𝐭𝐫á𝐟𝐢𝐜𝐨
Segregación do tránsito peonil na primeira parte da rúa, restrinxido a peóns e vehículos residentes.
Segregación do tráfico rodado pola rúa de acceso ó parking de Supermercados Froiz con saída ó Telleiro e conexión con Porto e centro da vila, garantindo a seguridade dos peóns e, ó mesmo tempo, garantindo ó acceso ós servizos e outras zonas dos vehículos.

𝐌𝐞𝐥𝐥𝐨𝐫𝐚 𝐝𝐚 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐨𝐫𝐧𝐚
Soterramento de dúas infraestructuras eléctricas verticais, parte da liña aérea e reubicación da recollida de residuos.
Renovación do pavimento con aglomerado e granito en función do tipo de tránsito

Con este proxecto, o equipo de goberno do Concello de Pontecesures, pretende seguir avanzando na mellora das redes de saneamento e abastecemento, procurando, ó mesmo tempo, unha mellora integral do entorno que repercuta en todas e todos as veciñas e veciños.

Concello de Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.