HOXE CLAUSUROUSE O CAMPAMENTO DE VERÁN 2017 DE PONTECESURES

Hoxe xoves procedeuse á clausura do campamento de verán 2017 que co lema «¿ Vitamina, ti onde estás ?» levouse a cabo nos meses de xullo e agosto neste concello.

Esta actividade serviu coma alternativa de ocio e tempo de lecer os nenos/as entre 3 a 12 anos que participaron na mesmo, dentro das 4 quendas das que constaba. Ademais trataron de proporcionar unha serie de coñecementos e valores.

Pois ben, coma decíamos, hoxe ponse punto final a esta escola, cunha xornada festiva para que os nenos/as participantes a recorden por moito tempo.

E coma despedida, que mellor que unha comida no propio Pino Manso.

Moitas grazas a todos os nenos/as participantes.

CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA EN TODO O CONCELLO NA XORNADA DO XOVES 31 DE AGOSTO.

 

SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS

AVISO

Na xornada do xoves 31 de agosto procederáse a un corte no subministro de auga potable de TODO O POBO, debido a obras de mellora na rede de abastecemento.  Polo tanto, veránse afectadas todas as rúas de Pontecesures.

O tempo aproximado do corte no subministro de auga será dende as 8.00 ás 14.00 horas. Recomendase aos veciños que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.

RUTA DE SENDEIRISMO EN PONTECESURES: ??OLLANDO O ULLÁN? DO PROGRAMA GOZA DO ULLA O DOMINGO 17 DE SETEMBRO.

O Programa GOZA DO ULLA desenvolvese dende maio a outubro nos concellos bañados polo río Ulla, dende prácticamente o seu nacemento ata a desembocadura na ría de Arousa, en cada concello realizase unha ruta que dalgún xeito está relalcionada co río, ben porque a ruta discorre a carón do mesmo ou porque dende a ruta se pode observar o trazado do río;  como é o caso de Pontecesures. En Pontecesures levarase a cabo a ruta denominada OLLANDO O ULLÁN o vindeiro domingo 17 de setembro.

Esta ruta ten un percorrido aproximado de 17.5 km e realizase en 4 horas máis o menos. Súbese a ladeira do Monte Castrovalente e á cima do Monte Salgueiras para rematar baixando polo mirador da Galiñeira, pasando polos Petroglifos da Pedra da Serpe. ? un percorrido de dificultade media que nos permite ver en toda a súa extensión o Val do  Ullán e o trazado que fai no seu centro o río Ulla.

Inscrición previa na oficina de xuventude do Concello de Pontecesures no teléfono 986 564 410 ou no mail xuventude@pontecesures.org , tan so hai indicar nome e apelidos, concello de procedencia e número de teléfono. Saída DOMINGO 17 DE SETEMBRO ÁS 9.00 HORAS NA PLAZUELA DE PONTECESURES.

Dende o Concello de Pontecesures animase tanto aos veciños como á xente de fora do pobo a participar nesta actividade. A ruta estará guiada por unha persoa posta polo concello, contaráse co acompañamento da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Pontecesures e tamén disporemos en tres ou catro puntos da ruta de servizo de avituallamento, que ofrecerá bebidas e frutas aos caminantes.

El Pontecesures domina la regata disputada en A Illa.

La playa de O Bao acogió el pasado domingo la quinta competición de la Liga Diputación de Pontevedra para las categorías alevín y benjamín y sobre la distancia de 1.500 metros. El Náutico Pontecesures se impuso en la prueba, con un total de 7.994 puntos, por los 5.876 que consiguió el As Torres Romería Vikinga y los 5.203 del Náutico O Muíño Stark Group, que acabó en la tercera posición.

Por lo que respecta a los resultados individuales, destacan las primeras posiciones de Iván Dovalo (Piragüismo Cambados) en la categoría benjamín, de Mario Santos (Náutico Pontecesures) en alevín A y de Marta Guimarey (alevín A) y Brais Chan (alevín B) del As Torres Romería Vikinga.

La Voz de Galicia 22/08/2017