CAMPAMENTOS DE VERÁN 2017 DA XUNTA DE GALICIA (CAMPA?A DE VERÁN 2017).

 

Ao abeiro da Orde do 7 de abril de 2017 da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, saeu publicada no Diario Oficial de Galicia (D.O.G. nº 73 do 17/abril/2017) a oferta de prazas en campamentos xuvenís dentro do Programa ??CAMPA?A DE VERÁN-2017? para rapaces/as de 9 a 17 anos e mozos/as de 18 a 30 anos. Este programa consiste en estadías de 1 ou 2 semanas en residencias xuvenís tanto en Galicia como noutras Comunidades Autónomas, durante as cales se realizan diferentes actividades, tanto de ocio e lecer como didácticas e deportivas.

O prazo para a solicitude de prazas para estos campamentos é ATA O 2 DE MAIO DE 2017, tendo a disposición de tódolos interesados/as as solicitudes e o resto da documentación na Oficina Municipal de Información Xuvenil na Casa do Concello.

Os interesados/as en participar nestos campamentos poden obter máis información na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) do Concello de Pontecesures (Teléf.: 986 56 44 10). Máis información na web da Xunta de Galicia, no seguinte enlace:

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/11217-campamentos-de-veran-2017

Axudas Individuais para persoas con Discapacidade 2017.

Infórmase á veciñanza que a Consellería de Política Social, abre o prazo de presentación de solicitudes de Axudas Individuais para a adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como a adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2017, para persoas con discapacidade.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 12 de maio.
Para máis Información e presentación de solicitudes poden dirixirse ao Servizo Social Comunitario deste Concello os luns, de 10 a 13:30 horas, e os martes e venres de 9 a 13:30 horas.

EXCURSI?N A SALAMANCA ORGANIZADA POLO CONCELLO DE PONTECESURES (27 E 28 DE MAIO).

O Concello de Pontecesures, coa colaboración da Asociación Pitufolandia, organiza para os días 27 e 28 de maio (sábado e domingo) unha excursión a Salamanca:

27 de maio (sábado):

  • Saída dende Pontecesures ás 7.00 horas dende A Plazuela.
  • Visita ao Lago de Sanabria (Puebla de Sanabria).
  • Xantar en Zamora e visita á cidade pola tarde.
  • Traslado a Salamanca.
  • Cea e aloxamento no Hotel Monterrey (4 estrelas).

28 de maio (domingo):

  • Almorzo e visita á cidade de Salamanca.
  • Xantar no hotel.
  • Viaxe de volta pola tarde.

PREZO POR PERSOA:   125 ?

Grupo mínimo 30 persoas, máximo ata completar o aforo do autobús.

Os interesados/as deberán anotarse nas oficinas municipais ata o 18 de abril. Para cumplimentar a inscrición deberán aboar tamén antes desa mesma data o custo da viaxe (125 ?) no seguinte número de conta:

ABANCA   2080  0304  67  3040024926

Ao realizar o pago deberá indicarse:

Concepto: EXCURSI?N A SALAMANCA

NOME e DNI.

O CLUB NÁUTICO DE PONTECESURES GA?A UN ANO MÁIS O CAMPIONATO DE ESPA?A DE XOVES PROMESAS.

O Club Náutico de Pontecesures ven de gañar o Campionato de España de Xoves Promesas Infantil e Cadete celebrado este sábado día 1 de abril en Sevilla.

Con este resultado, o Náutico de Pontecesures consolídase como a mellor canteira do piragüismo nacional. Esto non é un resultado aislado xa que a entidade, no seu traballo de aposta pola captación e implicación dos máis pequenos para que disfruten deste fermoso deporte, xa gañou o ano pasado esta competición nacional, e leva anos estando no máis alto da clasificación na categoría de xoves promesas.

O Náutico Pontecesures, eríxese como o epicentro da comarca para a práctica do piragüismo, como así o demostra que cada ano son máis os nenos que demandan prazas para a escola de verán e así iniciarse e adestrarse para nun futuro formar parte do equipo de competición e representar ao clube por todo o territorio galego e nacional.

Parabens para todos os deportistas, persoal técnico e de apoio que se desprazou a localidade de Sevilla, para permitir a este gran equipo demostrar o seu pontencial a todo o piragüismo nacional.