PECHE DAS OFICINAS MUNICIPAIS OS SÁBADOS POLA MA?Á.

puerta

O Concello de Pontecesures viña abrindo os sábados as oficinas municipais coa finalidade de manter aberto o Rexistro municipal en horario de 9.00 a 13.00 horas.

A dita apertura viña determinada polo feito de que os sábados, a pesares de non ser laborais, tiñan o carácter de día hábil aos efectos de cómputo de prazos no procedemento administrativo, tal e como prevía o artigo 48 da xa derrogada Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no seu artigo 30.2 establece o seguinte:

 

??2. Siempre que por Ley o en el Derecho de la Unión Europea no se exprese otro cómputo, cuando los plazos se señalen por días, se entiende que éstos son hábiles, excluyéndose del cómputo los sábados, los domingos y los declarados festivos? …

En consecuencia, os sábados pasan a ter o carácter de días inhábiles a efectos de cómputo de prazos no procedemento administrativo; e o seu peche non supón prexuízo algún para os/as veciños/as de Pontecesures.

Por todo o anterior, procederase ao peche do Rexistro administrativo municipal os sábados a partir desta semana, polo que as oficinas permanecerán pechada ó público.

CORTE NO SUBMINISTRO DA REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA PARA O LUNS 14 DE NOVEMBRO.

corte-de-agua

Na xornada do luns 14 de novembro procederáse a un corte no subministro de auga potable, para levar a cabo actuacións de mellora na rede de abastecemento. As zonas afectadas polo corte serán as seguintes:

  • Rúas: A Toxa, Carreiras e O Couto.

O tempo aproximado do corte no subministro de auga será dende as 9.00 ás 14.00 horas. Recomendase aos veciños destas zonas que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.

ACTIVIDADES OUTONO 2016 EN PONTECESURES.

cartel-outono-2016redux

??Tecendo polo Cambio?

Encontros para aprender e tecer unha obra conxunta ao tempo que se debate e acto de ??yarnbombing?. Dirixido a mulleres e homes de tódalas idades.

Prazo de inscrición ata o 16 de novembro, nas oficinas municipais.

Desenvolvemento: Os venres 18 e 25 de novembro, e o 2 e 9 de decembro no semisoto da Casa do Concello, de 18.00 a 20.00 horas.

Acto de YARNBOMBING: Venres 9 de decembro.

 

Conmemoración  25N

Actividade conmemorativa do Día Internacional de Loita contra a Violencia de Xénero (acto institucional).

Sábado 26 de novembro ás 18.30 horas na Plazuela.

 

??África. Soños e Mentiras?

Exposición fotográfica que forma parte do proxecto Causas Comúns, de sensibilización sobre o incumprimento dos Dereitos Humanos tanto en África como en Europa (aspectos como a vivenda, o traballo, a alimentación ou a xustiza).

Dende o 2 ata o 26 de decembro no Salón de Plenos da Casa do Concello, de 9.00 a 14.00 horas.

 

Exposición de pintura

Exposición de pintura (óleo, acuarela…) . Aberto á colaboración veciñal, calquera persoa pode achegar a súa obra para expoñela.

Dende o 2 de decembro ata o 10 de xaneiro na Casa do Concello, de 9.00 a 14.00 horas.