Fotografías da Festa da Bicicleta 2015.

100_3185 (Copiar)

100_3189 (Copiar)

100_3191 (Copiar)

100_3192 (Copiar)

100_3212 (Copiar)

Sara Liñares Blanco, gañadora do sorteo da bicicleta doada por Beruca Bikes na Festa da Bicicleta 2015.

O Concello de Pontecesures agradece a colaboración dos organismos e empresas que colaboraron na realización deste evento: Deputación de Pontevedra, Seriegrafía e Rótulos ALISAL, EROSKI Pontecesures, Gaseosas e Distribucións BRA?A e BERUCA bikes.

Para ver a galería completa de fotografías deste evento:

http://pontecesures.org/galeria.asp?cat=58&gal=61

 

O CONCELLO DE PONTECESURES ENTREGA Á AGRUPACI?N DE VOLUNTARIOS DE PROTECCI?N CIVIL UN NOVO REMOLQUE EQUIPADO PARA EMERXENCIAS.

REMOLQUE EMERXENCIAS 3web

No día de hoxe, por parte do Equipo de Goberno municipal, foi entregado un novo remolque con equipamento de emerxencias á AA. VV. de Protección Civil de Pontecesures. Este remolque foi adxudicado ao Concello de Pontecesures pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder-Galicia).

O remolque ven dotado cun completo equipo: Equipo electróxeno, bombas de achique, desbrozadora, motoserra, iluminación, conos de sinalización, etc.

Para o concello de Pontecesures este equipo supón un reforzo importante de cara ao servizo de emerxencias que ven levando a cabo a agrupación de Protección Civil cesureña xa dende fai anos.

REMOLQUE EMERXENCIAS 1web

OBRAS REALIZADAS COA AMPLIACI?N DO ??PUSIM 2014? DA DEPUTACI?N DE PONTEVEDRA

O  Concello de Pontecesures levou  a cabo unha actuación de asfaltado e mellora da seguridade viaria en 10 rúas e camiños municipais, actuacións necesarias para conservar e mellorar o funcionamento e a seguridade dos viais sobre os que se actuou.

As obras consistiron na mellora do firme en seis camiños (Mimosas, travesía entre avda. Namorados e avda. de Arousa, Regadío, Condide, Grovas e Acevedos),  que tiñan un pavimento asfáltico moi deteriorado; e na pavimentación dun camiño (camiño á rúa Mimosas) que se atopaba en terra. Ademais disto, executáronse catro pasos de cebra elevados (badéns), un na rúa Portarraxoi, dous na rúa San Lois e un na rúa Sagasta, cos que se pretende mellorar a seguridade viaria mediante a redución da velocidade, ao mesmo tempo que mellorar a accesibilidade para os peóns.

As zonas de actuación as denominaremos da seguinte maneira:

Zona – rúa Tipo de actuación
01. Rúa Mimosas mellora do firme (asfalto)
02. travesía avdas. Namorados e Arousa mellora do firme (asfalto)
03. Pista do Regadío mellora do firme (asfalto)
04. Camiño a Mimosas pavimentación (asfalto)
05. Condide mellora do firme (asfalto) e saneamento pluviais
06. Grovas mellora do firme (asfalto)
07. Camiño dos Acevedos mellora do firme (asfalto)
08. Rúa Portarraxoi badén elevado
09. Rúa San Lois 01 badén elevado
10. Rúa San Lois 02 badén elevado
11. Rúa Sagasta 01 badén elevado

 

DESCRICI?N DAS OBRAS

As actuacións 01, 02, 03, 05, 06 e 07 consistiron, basicamente, na aplicación dunha nova capa de rodadura de 5 cm de mestura bituminosa en quente, tipo D-12, incluído o rego de adherencia, sobre a capa de aglomerado asfáltico, previo recheo das fochancas existentes. A maiores, na actuación 05 (Condide) realizouse a recollida de augas pluviais da pista mediante a execución de cunetas laterais de formigón, que se conectaron ás tuberías e cunetas existentes.

A actuación 04 consistiu na pavimentación dun camiño que se atopaba en terra, para o cal previamente se escavou a capa superficial de terra vexetal e se executou unha base de 20 cm de zahorra artificial compactada.

En todas estas actuacións púxose á nova cota do pavimento as tapas de arquetas, pozos e sumidoiros existentes.

As actuacións 08, 09, 10 e 11 consistiron na execución duns pasos de peóns elevados, en 4 puntos onde xa existian pasos de peóns. Para isto, ademais de realizar os badéns elevados con aglomerado asfáltico, procedeuse a reformar as beirarrúas a ambos lados de cada paso, para poñelas á nova cota da calzada. Nos lugares onde foi preciso, intaláronse novos sumidoiros para evitar a acumulación de augas pluviais aos lados dos badéns.

Nas zonas ampliadas o asfaltado realizouse sobre unha capa de zahorra artificial.

Foi preciso axustar a cota das tapas das arquetas existentes ao nivel final do novo asfalto.

A realización das obras foi adxudicada á empresa Covsa por un importe de 83.937,35?

 

Reportaxe fotográfico:

  1. Rúa das Mimosas?
  2. Travesía entre Avda dos Namorados e Avda de Arousa?
  3. Pista do Regadío?
  4. Camiño a Mimosas?
  5. Condide¡
  6. Grobas?
  7. Camiño dos Acevedos?
  8. Badén Rúa Portarraxoi?
  9. Badén Rúa San Lois 01?
  10. Badén Rúa san Lois 02?
  11. Badén Rúa Sagasta?