AXUDAS DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR DE PRESTACI?N ECON?MICA DE PAGAMENTO ?NICO POR FILLOS/AS MENORES DE 3 ANOS.

Axudas da Consellería de Traballo e benestar: Prestación económica de pagamento único por fillos/as menores de 3 anos.

Prazo de solicitude: ata o 8 de outubro.

Máis información e presentación de solicitudes no Servizo Social Comunitario deste concello, os luns de 11.00 a 14.00 horas e os martes e venres de 9.00 a 14.00 horas.

Descarga das bases destas axudas:

http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=774

 

 

 

ADQUISICI?N DUNHA EXCAVADORA COMPACTA TAKEUCHI TB125

O Concello de Pontecesures mediante una subvención do Fondo de Compensación Ambiental pertencente a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ven de adquirir unha Excavadora compacta marca Takeuchi TB125 á empresa Baygar S.L.
A adquisición da Excavadora foi adxudicada na Xunta de Goberno local do día 29 de Xullo de 2015 por un importe de 18.634,00? dos cales 5.590,20? foron aportados polo Concello e 13.043,80? aportados pola Xunta de Galicia

Takeuchi TB125

Takeuchi TB125-2

AXUDAS DO CONCELLO DE PONTECESURES Á ESCOLARIZACI?N: CURSO 2015/2016.

Axudas do Concello de Pontecesures para libros e material escolar para 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria e ESO.

Prazo de solicitude dende o 2 ata o 25 de setembro.

Máis información e presentación de solicitudes no Servizo Social Comunitario deste concello os luns de 11.00 a 15.00 horas e os martes e venres de 9.00 a 13.30 horas.

Descarga do bando coas bases destas axudas e do impreso de solicitude no seguinte enlace:

http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=773

 

CURSO DE MONITOR DE TEMPO DE LECER EN PONTECESURES.

CARTEL CURSO TEMPO LIBRE 2015

Dende o día de hoxe abrese o prazo de inscrición para un curso de MONITOR DE TEMPO DE LECER (200 horas) homologado pola Xunta de Galicia. Este curso que será levado a cabo pola Academia Elisa de Vilagarcía de Arousa ten un custo de 200 ? por alumno/a. O curso desenvolveráse na AULA T.I.C.  do semisoto da Casa do Concello de Pontecesures, o horario deste curso será de luns a venres de 9.00 a 15.00 horas comezando o luns 28 de setembro ata o sábado 14 de novembro (última xornada de 10.00 a 13.00 horas). Os requisitos para participar neste curso son: ser maior de 18 anos , e ter superada a E.S.O. ou Bacharelato.

Máis información e formalización da inscrición na OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) na Casa do Concello, tlf. 986 564 410, mail xuventude@pontecesures.org

O prazo de inscrición estará aberto ata o xoves 24 de setembro.

A realización deste curso estará condicionada a que se xunten un número de inscricións mínimas (de 20 a 25).