Son moitas/os as/os nais/pais que teñen moitas dúbidas á hora de establecer normas e límites na educación do seus fillos/as. Como todos sabemos as normas e límites son fundamentais para convivir e toda familia e sociedade as necesita.
A familia constitúe o primeiro grupo socializador ao que pertence o neno/a, no que aprende a convivir. O establecemento de normas e límites no contexto familiar supón un dos factores de protección máis significativos para reducir a probabilidade de aparición de condutas de risco, tanto na infancia coma na adolescencia. O papel dos pais neste ámbito debe centrarse en establecer e aplicar unhas normas claras, pertinentes, consistentes e razoables.
O abanico de posibilidades á hora de inculcar esas normas nos nosos fillos/as abrangue dende a total permisividade e sobreprotección ata un control absoluto e autoritario. Entre un extremo e outro existen outros modelos e técnicas psicopedagóxicas que deixan espazo para a toma de decisións e liberdade do neno/a, e que supón educar os fillos/as na capacidade para tomar decisións e para actuar de forma responsable ante os diferentes retos da vida cotiá.
Debido as consultas e dúbidas que nos plantexan moitos pais e nais sobre este tema, imos organizar un curso formativo de tres sesións para explicar as diversas técnicas de modificaciónde conducta e así dotar de competencias os proxenitores asistentes. Estas tres sesións desenvolveránse nos seguintes días:
Días
|
Hora
|
Lugar
|
- MARTES 1 de ABRIL
- MARTES 8 de ABRIL
- XOVES 10 de ABRIL
|
20h.
|
BIBLIOTECA DO C.P.I. PONTECESURES
|