Ruta de sendeirismo ??Ollando o Ullán ??en Pontecesures

goza-do-ulla-PONTECESURES-2013-WEB

O vindeiro domingo 1 de setembro terá lugar esta ruta que discorre por diversos lugares de Pontecesures,e inclúe as subidas polas ladeiras dos montes Castro Valente e Salgueiras, pasando polos Petroglifos de Campo Redondo e polo Mirador da Galiñeira.

Esta ruta está incluida dentro do Programa GOZA DO ULLA que comparten outras que percorren distintos concellos bañados polo río Ulla.

A duración estimada desta ruta é de 5 horas.

Inscricións ata o 31 de agosto no teléfono 986 564 410 ou no mail xuventude@pontecesures.org

Lugar e horario de saída: A Plazuela ás 9.00 horas.

??Ponlle as pilas o teu bocata? en Pontecesures

cartel-pilas-pontecesures-web2O Concello de Pontecesures acollerá o vindeiro 3 de setembro, esta campaña impulsada pola Xunta co obxectivo de promover unha alimentación sana entre os escolares.

Trátase do programa ??Ponlle as pilas ao teu bocata?, deseñada pola Consellería do Medio Rural e do Mar coa colaboración das consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a de Sanidade e ANFACO-CECOPESCA para por de relevo as virtudes das conservas de produtos do mar: o seu valor como fonte de enerxía.

Un equipo de monitores ensinarán aos rapaces e rapazas asistentes a ler as etiquetas das conservas, a coñecer a importancia de separar e reciclar os residuos que se xeran nos seus fogares,  a elaborar menús que incorporan produtos do mar en conserva e a preparación de bocadillos que poderán saborear inmediatamente.

A actividade terá lugar as 11 da mañán no Plazuela, e está dirixida a rapaces e rapazas de 5 a 15 anos. Solicítase a inscrición previa nas oficinas do Concello para poder estimar o número de participantes.

Curso de edición de páxinas web en Pontecesures.

LOGO activate 2013

Ao abeiro do Programa ACTÍVATE-CURSOS XUVENTUDE 2013 da Deputación de Pontevedra vaise impartir en Pontecesures un curso de 40 horas de ELABORACI?N DE PÁXINAS WEB. O curso desenvolveráse nos meses de novembro e decembro de 2013 na AULA T.I.C.  do semisoto da Casa do Concello. Os requisitos para participar neste curso son: residir en Pontecesures e ter entre 16 e 35 anos (ambos inclusive).

Os interesados/as en participar neste curso teñen o modelo de solicitude na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) na Casa do Concello. O impreso de solicitude  acompañarase de fotocopia do DNI e tarxeta de demandante de emprego (de selo caso, non sendo requisito imprescindible). O prazo de inscrición é dende o 12 de agosto ata o 20 de setembro.

No seguine enlace pódese descargar o formulario de inscrición:

http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=506

Xornada de doazón de sangue en Pontecesures (mércores 21/agosto/2013).

LOGO CTG

ESTE VERÁN O TEU SANGUE ? VIDA. COMPARTEO

O Concello de Pontecesures e o Centro de Transfusión de Galicia (CTG) impulsan unha nova iniciativa para promover a participación dos veciños e veciñas nas campañas de doazón, e deste xeito, garantir a labor asistencial nos centros  sanitarios  galegos, que precisan ó redor de  30.000 doazóns  de  sangue  nos  meses  de  verán.

As  persoas  que  desexen  participar  poden  acudir  á  unidade  móbil  do  CTG  a:

PONTECESURES

Mércores, 21  de agosto de 2013

Unidade móbil na Prazuela xunto a Igrexa

De 10.00 ás 14.00 e 16.00 ás 21.00 horas

Queremos   amosar novamente o  noso  agradecemento  a  todos os  veciños e veciñas  que  participan  cada  ano  nas  campañas  de  doazón  de  sangue  e  permiten  deste  xeito  que  moitos  enfermos  recuperen  a  súa  saúde.

Como  é  sabido,  no  verán  moitas  persoas  disfrutarán  dunhas  ben  merecidas  vacacións,  pero  os  enfermos   ingresados  nos   hospitais  seguirán  necesitando  sangue   todos  os  días…,  para  eles  non  hai   vacacións.  Nestas datas a doazón de sangue e aínda mais necesaria, grazas pola túa solidariedade e pola túa doazón de sangue.

Faixe un chamamento a toda a veciñanza para participar nesta campaña de doazón de sangue nestas datas. A falla de sangue pode ocasionar graves problemas, poñendo en  perigo moitas vidas. Se tes mais de 18 anos non quedes indiferente e DOA SANGUE … Son poucos os motivos que impiden  doar   sangue   e  moitas as razóns para facelo.

Arranca a Escola Municipal de Verán de Baloncesto en Pontecesures

CARTEL-ESCOLA-BASKET-WEB2

Nesta edición contará coa axuda dun grupo de voluntarios

A Escola de Verán de Baloncesto de Pontecesures comeza este mes de agosto para nenos e nenas nas categorías infantil, alevín, xunior e cadete. Os interesados poden  inscribirse no mesmo Pavillón Municipal de Deportes. As clases comezarán o 1 de agosto e impartiranse durante todo el mes de agosto polas mañáns de luns a venres e en diferentes horarios segundo as categorías.

Nesta ocasión, os adestradores dos equipos de baloncesto contarán coa axuda dun grupo de voluntarios deportivos, que participarán activamente nos entrenamientos. Este grupo de voluntariado está formado por rapaces aficionados ao deporte da canasta, comprometidos coa actividade e que ven en no deporte unha ferramenta para a creación de alternativas saudables de ocio e educación en valores, ao tempo que acadan formación como adestradores deportivos.

Pontecesures inicia un curso de iniciación á informática para a terceira idade

Esta actividade ten como obxectivo achegar aos veciños e veciñas de máis idade ás novas tecnoloxías.

Trátase dunha proposta dirixida a persoas adultas e, especialmente, á terceira idade. Dito curso ten por obxecto principal ensinar aos alumnos e alumnas coñecementos básicos de informática (por exemplo, os pasos que deben seguirse para pedir cita no médico a través de internet).

Este curso é totalmente gratuíto para as persoas interesada en participar nel, e se desenvolverá a partires do mes de agosto no flamante aula TIC establecida no semisoto do Concello.

O prazo de inscrición neste proxecto xa está aberto. Para anotarse é preciso acudir á da Casa do Concello, en horario de oficina. O número de prazas é limitado (ofértanse un total de 15).

As sesións impartiranse os venres de 10 h. a 11.30 h. e o obxectivo e introducir aos asistentes en conceptos básicos de informática e no mundo das novas tecnoloxías. A idea é partir de cero, polo que non se require formación nin coñecementos previos. As clases serán impartidas por membros do Programa de Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia.