Subvención da Deputación de Pontevedra para a contratación de 12 peóns no Concello de Pontecesures.

A Deputación de Pontevedra, a través do Plan de emprego 2013, destinado a todos os concellos da provincia, venlle de conceder unha subvención por importe de 55.179,36 ? a este Concello para a contratación de 12 peons desempregadas a tempo parcial (5 horas/dia) durante 6 meses (dende o 01/06/13 ate o 30/11/13), e o salario bruto mensual é de 502,15 ?.

 En concreto, a distribución dos peóns que este concello vai facer, xunto cos códigos do INEM nos que hai que estar inscritos é a seguinte:

 – 6 peóns de obra pública, CNAE: 96.011.029

– 4 axudantes de xardinería, CNAE: 95.121.019

– 2 persoal de limpeza ou limpador/a en  xeral, CNAE: 92.101.050.

 A selección dos candidatos/as será a través do INEM, a onde remitirá este concello as correspondentes ofertas de emprego a vindeira semán. A selección definitiva será a finais do próximo mes no concello entre todos os candidatos/as enviados  dende a oficina de emprego.

Prevención das drogodependencias en Pontecesures.

O Concello de Pontecesures continúa na labor de prevención das drogodependencias, e ten elaborado un plan de actuación no ámbito escolar, a desenvolver nos vindeiros meses.

A iniciativa enmárcase no convenio firmado polos concellos de Catoira e Pontecesures  e coa colaboración do colexio de Infantil y Primaria cesureño, no que se celebrarán as charlas.

Este plan de prevención, consta dun Programa de Adestramento en habilidades sociais (3º ciclo de Educación Primaria, 5º e 6º curso), realizado en seis sesións dunha hora de duración traballando de forma activa e participativa temas como a asertividade, empatía, autoestima, presión de grupo e acoso escolar.

Por outra parte, levarase a cabo un programa de Prevención Específico con Adolescentes (1º, 2º, 3º e 4º de E.S.O). Mediante charlas, obradoiros, coloquios, e a proxección de material audiovisual, e co apio para a realización de actividades duns cadernos entregados a cada un dos alumnos,  o programa de prevención específico con adolescentes, busca potenciar os factores de protección dos alumnos, á vez que os capacita para ser críticos coas mensaxes que os inciten ao consumo de drogas, sobre todo tabaco, alcohol e cannabis; entre outras das estratexias que favorecerán este rexeitamento crítico ao consumo, estaría a capacidade para identificar situacións emotivas negativas, á resistencia á presión do grupo ou a aprendizaxe de estratexias de resolución de conflitos e a procura de apoio na familia nos momentos máis difíciles.

A actividade estrutúrase en sesións dunha hora de duración con cada un dos grupos, até conseguir un total de 8 sesións.

Charla aos coidadores de dependentes de Pontecesures.

cartel charla web

O Concello de Pontecesures, coa colaboración da Asociación Medrando Á Par, entidade sen ánimo de lucro que está a desenvolver proxectos destinados á poboación en xeral dende unha perspectiva sociofamiliar  e educativa, celebrará unha charla-coloquio o vindeiro luns día 29 de abril no local do Club Xuvenil ás 20,30 horas, que será impartida por un dos seus colaboradores, o profesor Carlos Vila Lago.

Jose Expósito, presidente da Asociación Medrando Á Par, apunta que, sendo cada día máis as persoas que deben coidar dunha persoa dependente na súa familia, existe a necesidade de apoiar a aquelas familias que están a vivir esta situación, sendo conscentes de que o primeiro paso para coidar ben a un familiar é coidarse a un mesmo.

 As familias adoitamos pensar qua ninguén como nós pode coidar a esa persoa dependente, que cun pouco de esforzo esa persoa estará moi ben coidada, xa que é un labor que significa dedicación, esmero, entrega de tempo e afecto cara á persoa coidada; e quen senón alguén como nós para proporcionalo.

Pero a entrega e a dedicación non chegan; con moita frecuencia atopamos que a persoa cuidadora esquécese dela mesma e con frecuencia prodúcese unha sobrecarga que de non abordala pode desencadear en problemas de saúde, depresión, dor crónico, illamento, etc.

Nesta sesión de formación/charla preténdese que as familias sexan capaces de aliviar a tensión emocional acumulada ao longo do tempo, romper o illamento que se asocia á tarefa de coidar a un dependente, pedir axuda, buscar a forma de recuperar as actividades sociais e de lecer, afastar ou eliminar os sentimentos de culpa, comprender e aceptar os sentimentos positivos e negativos derivados da tarefa de coidar; en definitiva, dar unhas ferramentas ao cuidador para que se coide e así poida dar ao dependente os coidados máis axeitados.

Unha velada de libros na biblioteca de Pontecesures.

 

noite na biblioteca 2013 web

A Biblioteca Municipal de Pontecesures invita aos rapaces e rapazas de 9 a 11 anos do concello a pasar unha noite distinta. Dentro do programa ??Ler conta moito?, anímase aos rapaces a disfrutar dun contacontos e da lectura compartida de libros cos amigos. A actividade desenvolverase das 9:30 da noite do sábado 27 ata as 9:30 do domingo, e os nenos deberán ir provistos do correspondente saco de dormir. Tras unha velada intensa de historias, os rapaces repoñerán forzas con almorzo ofrecido polo Café Bar Galicia.

O número de prazas para esta actividade é de 25, e a inscrición pode realizarse na propia Biblioteca Municipal de Pontecesures, en horario de tarde.

Fraccionamento do pago do imposto de bens inmobles (IBI) do ano 2013.

O ORAL, servicio da Deputación de Pontevedra encargada da xestión do cobro do imposto de Bens inmobles (IBI) vai poñer ó cobro os recibos na primeira quincena de agosto. Este ano hai a posibilidade de fraccionar o pago en 2 pagos (o 1º na primeira quincena de agosto, e o 2º na primeira quincena de outubro).

Para elo deberán solicitalo por escrito nun modelo de solicitude que poderán recoller nas oficinas do concello de Pontecesures, e unha vez cuberto envialo a dito organismo.

O prazo de solicitude remata o vindeiro de 10 maio.