Proxectos concedidos polo AGADER a Pontecesures

O Diario Oficial de Galicia fai público hoxe o resultado da convocatoria da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) do proceso de selección da convocatoria para subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia, promovidos polos concellos e mancomunidades de concellos para o ano 2012.

O Concello de Pontecesures obtén subvencións para tres dos proxectos presentados, como son a instalación de paneis de enerxía solar térmica para auga quente sanitaria (AQS) no campo de fútbol municipal,  instalación de paneis de enerxía solar térmica para AQS no Club Náutico de Pontecesures e o proxecto integral de sala multiusos dixital (aula TIC).

O goberno municipal de Pontecesures congratúlase das inversións acadadas para o concello, fruto da xestións feitas meses atrás.

Nova xuntanza do «Faiado da Memoria» en Pontecesures.

Este sábado 6 de outubro ás 19.30 horas no Centro Social haberá unha nova xuntanza desta asociación para que os veciños poidan aportar novas fotografías ao arquivo audiovisual desta asociación. As fotografías serán escaneadas e devoltas no momento.

Tamén será posible visionar os novos traballos do FAIADO DA MEMORIA na rúa durante toda a fin de semán, xa que nos escaparates de Electrodomésticos Frois e Electrodomésticos Couselo terán instaladas pantallas nas que se poderán visualizar máis de seiscentas fotografías que narran as vivencias particulares y colectivas que construiron o Pontecesures de hoxe.

Deportes, vida social, retratos e traballo son algunhas das temáticas que se abordan nesta recopilación de fotografías que encherá de recordos as rúas de Pontecesures.