Homenaxe á bandeira regalada polos cesureños emigrados na Illa de Cuba no ano 1912.


Sábado 6 de outubro

No ano 1912, a sociedade ??Hijos de Puentecesures en La Habana?, constituída na Habana (Cuba), regalou á desaparecida ??Liga de Amigos El Carmen? de Pontecesures, unha bandeira galega de seda natural.

O estandarte ten pintada ao óleo, no centro, a ponte romana de Cesures, e ao outro lado o escudo de Galicia.

A entrega da bandeira foi realizada durante unha viaxe a España do Presidente desta sociedade, Don José Llerena Braña que ademáis era apoderado do Centro Gallego de La Habana.

Actualmente esta bandeira está exposta no Salón de Plenos da Casa do Concello, e cada ano cando se celebran as Festas do Carme en Pontecesures e no tradicional Desfile Valeiro sacase, por motivos de conservación, unha réplica desta bandeira.

Con motivo dos 100 anos transcorridos dende que chegou a bandeira a Pontecesures o vindeiro sábado 6 de outubro rendiráselle unha pequena homenaxe a este símbolo do noso pobo:

  • 11.30 h.: Recollida da réplica da bandeira na Paxareira e pasarrúas a cargo da Asociación Cultural Algueirada.
  • 12.00 h.: Acto de homenaxe no Salón de Plenos, donde estarán expostos uns paneis informativos coa historia da bandeira.
  • 19.30 h.: Nova xuntanza de O FAIADO DA MEMORIA no Centro Social.

 

Ampliación de cobertura da rede wifi da Biblioteca

No día de hoxe púxose en funcionamento a antena wifi do tellado da biblioteca.

Isto fará que a cobertura da wifi chege mais lonxe. A partires de agora poderemos entrar en internet dende o Mirador do Pino Manso.

Para poder acceder, simplemente hai que localizar a rede co nome de WIFIBIBLIOTECA e pinchar sobre ela. Non será necesario ningún tipo de contraseña.

Para non colapsar a actual rede da biblioteca soamente estará operativa entre as 20 horas e as 16 horas de luns a venres. O sábado e o domingo estará operativa as 24 horas.

Posta en marcha de novo do servizo de Educación Familiar en Pontecesures

Logo de que no mes de marzo o Concello de Pontecesures quedara sen o servizo de Educación Familiar ao non ser este subvencionado pola Xunta de Galicia, o pasado 14 de setembro realizouse a solicitude de adhesión ao convenio coa Deputación de Pontevedra para o cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios dos concellos de menos de 20.000 habitantes. Así pois, e en virtude dese convenio, a partires do 1 de outubro poráse en marcha de novo o Servizo de Educación Familiar no Concello de Pontecesures.