Homenaxe á bandeira regalada polos cesureños emigrados na Illa de Cuba no ano 1912.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en


Sábado 6 de outubro

No ano 1912, a sociedade ??Hijos de Puentecesures en La Habana?, constituída na Habana (Cuba), regalou á desaparecida ??Liga de Amigos El Carmen? de Pontecesures, unha bandeira galega de seda natural.

O estandarte ten pintada ao óleo, no centro, a ponte romana de Cesures, e ao outro lado o escudo de Galicia.

A entrega da bandeira foi realizada durante unha viaxe a España do Presidente desta sociedade, Don José Llerena Braña que ademáis era apoderado do Centro Gallego de La Habana.

Actualmente esta bandeira está exposta no Salón de Plenos da Casa do Concello, e cada ano cando se celebran as Festas do Carme en Pontecesures e no tradicional Desfile Valeiro sacase, por motivos de conservación, unha réplica desta bandeira.

Con motivo dos 100 anos transcorridos dende que chegou a bandeira a Pontecesures o vindeiro sábado 6 de outubro rendiráselle unha pequena homenaxe a este símbolo do noso pobo:

  • 11.30 h.: Recollida da réplica da bandeira na Paxareira e pasarrúas a cargo da Asociación Cultural Algueirada.
  • 12.00 h.: Acto de homenaxe no Salón de Plenos, donde estarán expostos uns paneis informativos coa historia da bandeira.
  • 19.30 h.: Nova xuntanza de O FAIADO DA MEMORIA no Centro Social.

 


2 comentarios

ben te vexo · 4-10-2012 a las 17:17

Ben se ve, agora cunhas gaitas e unhas fotos antigas celebranse todos e cada un dos actos e festas deste pobo.
Encantame o faiado é moi emotivo, pero se quince horas de exclusividade diarias ademáis do resto do equipo de governo non dan para nada máis que para ver fotos e oir gaitas…
E non se trata de gastar moito senón de ter imaxinación e entre todas as asociacións que hai no pobo podese ofertar algo de variedade.
Un saudo.

Cara de cona · 5-10-2012 a las 19:12

Festa do Carmen…faiado da memoria….festa do patron…faiado….festa calquera…faiado….arremimadriña Roque…..que tera que ver a bandeira co faiado?….home o unico que Marcial a teña no faiado da sua casa…jo…jo…jo…que pesadez…que centenario mais desastroso….¡Cesureños este goberno non ten nin idea!…non respeta a historia….¡Viva o Centenario!….Terry….jo…jo…jo…

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.