O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade presenta en Pontecesures un conto para crear conciencia solidaria.

‘Antía, Wamba e o regato pequeno’ é a proposta ideada pola compañía A Tropa de Trapo para o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
O espectáculo está  baseado en historias con música en directo e dirixido a un público familiar

A xira do novo espectáculo de contacontos deseñado pola compañía A Tropa de Trapo para o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade chega o sábado 29 a Pontecesures. Grazas ao apoio do Concello, socio da entidade municipalista, o Centro Social acollerá a representación de ‘Antía, Wamba e o regato pequeno’, a partir das 20.30 horas.

Marta Ortiz e Brais das Hortas volven apostar polas historias con música en directo, desta volta dirixidas a un público infantil e familiar, sen límite de aforo. A obra está protagonizada por Antía, unha nena galega, e Wamba, un mozo do Congo que se busca a vida vendendo de todo na rúa. Os contos del e as merendas dela fundiranse nunha amizade que lle aprenderá a Antía que compartir non é dar o que che sobra e que, como din na tribo de Wamba, o río énchese con regatos pequenos.

‘Antía, Wamba e o regato pequeno’ tómalle o relevo aos ‘Contos coas mas abertas’, que desde 2010 percorreron un total de 61 escenarios de 48 Administracións socias do Fondo Galego, colleitando unha excelente acollida.

 

Actividades deportivas do Concello de Pontecesures para o curso 2012/2013.

CADRO HORARIOS ACTIVIDADES DEPORTIVAS 2012/2013

F?TBOL: NO PAVILL?N POLIDEPORTIVO.

LUNS E MERCORES (SEG?N HORARIO DOS DISTINTOS GRUPOS).

INSCRIPCION: LUNS 1 DE OUTUBRO E O MERCORES 3 DE OUTUBRO NO PAVILL?N POLIDEPORTIVO, ENTRE AS 5 E AS 6 DA TARDE.

A EDADE MÍNIMA PARA A ACTIVIDADE DE F?TBOL ? PARA OS RAPACES/AS NADOS NO ANO 2007 E ANTERIORES.

BALONCESTO:

ALEVINS: (ANOS 2001 – 2002)

MARTES 25 SETEMBR0 17.45 – 19 H

XOVES 27 SETEMBRO 17 A 18.30 H

NO MES DE OUTUBRO: DARANSE HORARIOS DEFINITIVOS

BENXAMINS: (ANOS 2003- 2004)

MARTES 17.45 A 19 H

XOVES 17.30 A 18.30 H

COMEZO O MARTES 2 DE OUTUBRO

ESCOLA DE BALONCESTO: NADOS NOS ANOS 2005 E 2006

XOVES DE 16.30 A 17.30 H. (COMEZO O XOVES 4 DE OUTUBRO)

 

Festa da bicicleta Pontecesures 2012.

Baixo a denominación UNETE Á VOLTA e co patrocinio da Deputación de Pontevedra, celébrase un ano máis a Festa da bicicleta en Pontecesures. Realizaráse un percorrido cicloturista polo noso pobo cubrindo unha distancia de 11,5 km.

Sábado 29 de setembro na Plazuela ás 17.30 horas (hora de saída). Concentración de cicloturistas no mesmo lugar a partir das 17.00 horas.

Para participar é preciso ter unha idade mínima de 8 anos e é obrigatorio o uso do casco.

Como novidade destacada este ano estará presente na ruta o exciclista profesional Marcos Serrano.

Ao remate da ruta cicloturista sortearanse entre tódolos participantes varios agasallos, entre eles unha bicicleta donada por BERUCA BIKES de Pontecesures.

Máis información e o itinerario completo da ruta no seguinte enlace da web da Deputación de Pontevedra:

http://www.uneteavolta.depo.es/web/unete-a-volta/44