Pontecesures amplía a rede wifi gratuíta.

O Concello de Pontecesures instalou na praza do Coche de Pedra un servizo de wifi gratuito. Para poder acceder ao mesmo é necesario un rexistro de usuario que se realiza de forma automatizada.

A instalación realízase no marco do proxecto «Repoblar» promovido pola Deputación de Pontevedra. Deste xeito colocouse unha antena que da servizo gratuito de Internet a toda a praza do Coche de Pedra e as súas inmediacións.

Deste xeito, os vecinos e veciñas de Pontecesures, a través do seu portátil ou de calquer outro aparato electrónico con acceso a Internet só teñen que buscar as redes «Repoblar» ou «Iberbanda» e conectarse.

Na primera conexión abrirase unha pantalla na que se solicita o rexistro do usuario, para o cal deberase indicar nome, número de teléfono móbil e o enderezo electrónico; inmediatamente a persoa recibe unha mensaxe de texto no móbil co nome de usuario e contraseña que deberá empregar para poder acceder a Internet.

Este novo punto de servizo de wi-fi gratuito, súmase ao xa existente no entorno da biblioteca municipal.

 

Campaña de orientación auditiva a cargo de GAES en Pontecesures.

Dentro das campañas auditivas de acercamento ao medio rural, que realiza GAES, para o coñecemento das solucións para a problemática auditiva que se presenta a certas idades; esta empresa levará a cabo unha xornada de orientación auditiva en Pontecesures. Xornada gratuíta dirixida a tódalas persoas interesadas.

Venres 21 de setembro

De 10.00 a 13.30 horas.

No Centro Social de Pontecesures.