Exposición Galicia: Conservando a natureza.

Trátase dunha exposición didáctica itinerante presentada pola Xunta de Galicia e a Obra Social La Caixa.

Na aula do semisoto da Casa do Concello de Pontecesures dende o 9 ata o14 de xullo, aberta ao público de 9.00 a 14.00 horas.

O obxectivo desta exposición é presentar ao público a diversidade e singularidade dos nosos espazos naturais protexidos, co fin de concienciar á poboación sobre a importancia da conservación do medio natural, e do seu propio papel na preservación da natureza e das súas especies

A exposición incorpora material expositivo e didáctico, con visitas guiadas e xogos, a través dos cales os visitantes poderán comprender o significado das figuras de protección, e desenvolverán actitudes de responsabilidade fronte a conservación ambiental.

Peregrinación Marítimo Fluvial da Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla

Este vindeiro sábado 7 de xullo celebrarase aXXVIII  Peregrinación Marítimo Fluvial da Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, que conmemora a Translación do Apóstolo Santiago dende Jaffa (Palestina) a Iria Flavia.

Dende o Concello de Pontecesures animamos a cidadanía a participar e que acudan a recibir ao barco que vai facer o remonte do río Ulla, que arribará ao peirao deste concello en torno ás 19 h.