O programa de educación de adultos do Concello de Pontecesures recibe a subvención máxima por parte da Xunta de Galicia.

O DOG  do 16 de maio publicou a concesión por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da  subvención ao Proxecto de Formación de persoas adultas do Concello de Pontecesures, por un importe de 6.000?

O Concello continúa admitindo novas inscricións para a preparación dos exames da Proba Libre  que terá lugar a mediados de setembro.

Os cursos de Educación de persoas adultas que organiza o Concello de Pontecesures desde o ano 1995 contan cun elevado número de participantes e cun moi elevado índice de aprobados. A  avaliación do proxecto presentado polo Concello na actual convocatoria obtivo 87 puntos  -figurando no nº 13 das 51 propostas- o que lle outorga a subvención máxima establecida na  convocatoria, 6.000?.

Continúa aberto o prazo de inscrición do actual curso 2011/2012. Os alumnos e alumnas reciben  clases presenciais de preparación para a obtención do título oficial de Graduado en Secundaria mediante a convocatoria da Proba Libre que terá lugar o día 13 de setembro de 2012 (Os exames serán tipo test).

Poden incorporarse todas aquelas persoas, maiores de 18 anos, que queiran acceder á inserción laboral ou continuar estudos de bacharelato ou ciclo medio. O horario das clases é de luns a xoves de 18.30 a 21.30 h.

As clases para a obtención de Graduado en ESO realízanse en colaboración coa Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

 

Apertura de conta bancaria para colaboración nas Festas do Carme 2012.

Ante a proximidade das Festas do Carme no próximo mes de xullo, dende o Concello de Pontecesures reiterase a petición de colaboración a todos/as os veciños, para lograr ter unhas festas o mais dignas posibles, para que fagan as súas achegas na conta que este  Concello ten aberta en Novagaliciabanco de Pontecesures. O nº da conta é 2080 0112 71 0040008207.

Axudas da Xunta de Galicia para a obtención do permiso de conducir B para mozos/as.

AXUDAS PARA MOZOS/AS PARA A OBTENCI?N DO PERMISO DE CONDUCIR B a cargo da DIRECCI?N XERAL DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO DA XUNTA DE GALICIA

Estas axudas poderán ser tramitadas na OMIX do Concello de Pontecesures.

Requisitos dos beneficiarios:

  • Idade de 18 a 30 anos.
  • Antigüedade mínima de 6 meses como demandante de emprego.
  • Nivel de ingresos da unidade familiar non superior a 2,5 veces o IPREM.
  • Estar en posesión do Carné Xove.

Prazo de presentación:

  • Ata o 1 de setembro de 2012

Contía das axudas:

  • 200 ?.

VALIDO PARA PERMISOS DE CONDUCIR CLASE B EXPEDIDOS DESPOIS DO 1 DE  XANEIRO DE 2012.

Maís información no Diario Oficial de Galicia do 14 de maio de 2012.

No seguinte enlace podense descargar as bases destas axudas:

http://www.pontecesures.org/recursos/AXUDAS_CARNE_B_MOZOS_2012.pdf