Animación á lectura en Pontecesures

Mañán mércores 18 de abril, ás 12 horas, na Biblioteca Pública Municipal de Pontecesures,  levarase a cabo a actividade de animación á lectura ??Contacontos pola convivencia e a igualdade? con Eduvia, destinada ao alumnado de 4º, 5º e 6º cursos de Educación Primaria do CPI Pontecesures.

Esta actividade, realizada con motivo do programa ??Abril, mes dos libros? , enmárcase no programa Letras Vivas Animación, subvencionado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Resposta do Equipo de Goberno do Concello de Pontecesures ás acusacións de oscurantismo por parte do Sr. Sabariz

Levamos uns días vendo como o Sr Sabariz nos acusa na prensa de oscurantismo entre outras lindezas.  Dende o equipo de goberno o que podemos asegurar e que neste Concello non existe dito oscurantismo.

Dende a nosa chegada a este Concello no mes de xuño o único que intentou este señor foi que a oficina traballara para él.  Estamos dacordo en que él ten dereito a información como membro da oposición.  Pero dende o equipo de goberno creemos que todo ten un límite.

Nas oficinas municipais temos problemas de persoal por distintas baixas laborais e él é sabedor desta situación.  Pero segue na súa liña.

O Sr Sabariz leva apresentados por ventanilla 25 escritos e 12 fax mandados dende o seu posto de traballo no Concello de Sanxenxo.  Cremos que as súas queixas son infundadas xa que só temos tres escritos sen contestar.

O primordial para este equipo de goberno e a atención dos veciños e despois non se preocupe que se lle irán contestando todos.

Teña calma xa que os traballadores non traballan só para Vostede e non intente colapsar as oficinas municipais.

Tamén queremos resaltar que cando non é coñecedor dalgunha información intenta conseguila da maneira que sexa.  Ven molestando aos distintos traballadores ou sustraendoa directamente.  Poñemos como exemplo o programa da festa da lamprea.  O día anterior a presentación estivo neste concello,  levouse un programa, e Vostede mesmo fixo que chegara a prensa antes da presentación.

Oscurantismo é o que practica Vostede intentado a través do teléfono ou paseando polos distintos despachos do Concello que os traballadores lle pasen información.  Tense dado o caso dalgún dos despachos de recibir 5 chamadas diarias ou máis feitas por Vostede .

Deixe traballar a xente, faga o seu traballo pero non minta.

 

I Concurso de microcurtas «MOBILÍZATE» do Concello de Pontecesures.

O Concello de Pontecesures convoca este certame de pequenas curtametraxes elaboradas con teléfonos móbiles dirixido a estudantes da ESO ou de Bacharelato dos centros educativos de toda Galicia. A idade para participar neste concurso é de 14 a 20 anos.

Para o mellor desenvolvemento desta actividade levaráse a cabo a través do centros educativos.

Este concurso crease cos seguintes obxectivos:

–   Fomentar o uso da lingua galega entre o alumnado galego.

–     Promover o traballo en equipo.

–     Dar a coñecer a creatividade audiovisual presente na poboación estudiantil.

–     Empregar as novas tecnoloxías como un espazo para a creación.

O prazo de inscricións e de entrega das microcurtas é dende o 16 de abril ata o 15 de maio.

PREMIOS: (Serán entregados o 18 de maio no Concello de Pontecesures)

Lote de libros á mellor microcurta

Lote de libros ao mellor guión

Lote de libros á mellor interpretación

Lote de libros á microcurta preferida do público

Máis información ,consulta das bases do concurso e descarga do formulario de inscrición no seguinte enlace:

http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=332