I Concurso de microcurtas «MOBILÍZATE» do Concello de Pontecesures.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

O Concello de Pontecesures convoca este certame de pequenas curtametraxes elaboradas con teléfonos móbiles dirixido a estudantes da ESO ou de Bacharelato dos centros educativos de toda Galicia. A idade para participar neste concurso é de 14 a 20 anos.

Para o mellor desenvolvemento desta actividade levaráse a cabo a través do centros educativos.

Este concurso crease cos seguintes obxectivos:

–   Fomentar o uso da lingua galega entre o alumnado galego.

–     Promover o traballo en equipo.

–     Dar a coñecer a creatividade audiovisual presente na poboación estudiantil.

–     Empregar as novas tecnoloxías como un espazo para a creación.

O prazo de inscricións e de entrega das microcurtas é dende o 16 de abril ata o 15 de maio.

PREMIOS: (Serán entregados o 18 de maio no Concello de Pontecesures)

Lote de libros á mellor microcurta

Lote de libros ao mellor guión

Lote de libros á mellor interpretación

Lote de libros á microcurta preferida do público

Máis información ,consulta das bases do concurso e descarga do formulario de inscrición no seguinte enlace:

http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=332

 

 


3 comentarios

sobreiras · 17-04-2012 a las 18:04

Sr. Roque Araújo, deixe vostede de usar a cor encarnada do PSOE para os carteis oficiais do concello de Pontecesures, respete a institución e que se poñan as cores oficiais do escudo do concello que para iso o temos, deixe de facer de facer politica

qepasadamonada · 17-04-2012 a las 20:50

sobreiras, parece mais rosa fucsia que vermello, será que e vostede daltonico e non distingue ben ás cores??? ultimamente por todos os seus comentarios parece un «amargado» sempre a protestar por todo, non sei asemellase moito a alguén e non consigo acordarme de a quen exactamente, pero e que neste pequeno pobo, todo se pega ….

papagos · 18-04-2012 a las 08:52

Tes razón «sobreiras» e se te fixas ben, ves a mensaxe subliminal que leva o cartel: «vota Psoe».

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.