Sobre as 9:45 horas desta mañán un veciño alertou á concellería de obras e á alcaldía dunha avería na instalación de augas na rúa Diputación. Unha vez comunicado o percance ó servizo técnico municipal e despois de presentarse no lugar o servizo técnico e o concelleiro de obras procedeuse ó arranxo da avería. Sobre as 11:45 horas a avería quedou completamente subsanada.
Sin Categoria
Sustitución da máquina de sellado do Servizo Galego de Colocación
No día de hoxe foi instalada nas dependencias municipais unha nova máquina de termosellado dixital, para que todas aquelas persoas que deben renovar a súa solicitude de emprego o poidan facer en Pontecesures sin ter que desprazarse a Oficina de Emprego de Vilagarcía.
Lembrar que a anterior foi dañada na pasada primavera por mor dunha tormenta.
Sin Categoria
Inauguración do albergue de peregrinos de Pontecesures
Mañán mércores, 4 de xaneiro de 2012, ás 12 da mañán, terá lugar a inauguración oficial do albergue de peregrinos de Pontecesures.
No acto intervirán Manuel Luis Álvarez Angueira, alcalde de Pontecesures, Camino Triguero Salas, directora-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e José Manuel Cores Tourís, delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra.
Concello
Novo alumeado
Dende o día de hoxe queda operativo o novo alumeado nas rúas San Lázaro, Otero Acevedo e Patifas. Ademais dos puntos de luz que contemplaba o proxecto inicial acordouse coa empresa adxudicataria, SETGA, colocar dous puntos máis na rúa Carlos Maside. O vindeiro luns procederase á retirada das luminarias e ó cableado vello.
Este grupo de goberno quere agradecer as facilidades mostradas pola empresa adxudicataria para facer os cambios requeridos polo equipo de goberno tra-las suxerencias dos veciños da zona.
Asemesmo queremos decirlle ó Sr Sabariz que este grupo de goberno non actúa «a golpe de cornetín», nin da oposición nin de ninguén. Este grupo de goberno o que sí fai e fará é ter sempre en consideración as suxerencias dos veciños. Gobernar significa tomar decisións, pero sempre tendo en conta as opinións dos veciños e non ás costas deles. Iso é o que facía o grupo de goberno na anterior lexislatura, cando nin tan sequera falaba cos veciños á hora de acometer as obras (alumeado da rúa central, aceras no centro do pobo, etc).
E se non lembramos mal o «flamante» concelleiro de infraestructuras era o Sr Sabariz.
Sin Categoria
Pleno extraordinario do 29/12/2011
Ás 13:30 horas na Casa do Concello levouse a cabo un pleno extraordinario para a aprobación das actas anteriores e a aprobación da ordenanza de regulación dos prezos públicos por servizos ou actividades promovidos polo Concello nas áreas de cultura, deporte, xuventude e servizos sociais.
A aprobación desta ordenanza, que establece os prezos públicos en materia de cultura, deporte, xuventude e servizos sociais, era unha prioridade do equipo de goberno, pola súa utilidade como ferramenta de xestión deste tipo de servizos. Tamén responde a petición dos usuarios e monitores das actividades deportivas, que reclamaban a posta en marcha desta ordenanza, para manter un número estable de usuarios.
Sin Categoria
Entrega de Xoguetes á Fundación Amigos de Galicia.
No día de hoxe procedeuse, no Concello de Pontecesures, á entrega de xoguetes á FUNDACI?N AMIGOS DE GALICIA. Despois de que no mes de novembro se puxera en marcha a campaña de recollida solidaria ??ALONGA A VIDA DOS TEUS XOGUETES? para que os nenos/as das familias con menos recursos tamén tiverán os seus agasallos no día de Reis.
Entregáronse arredor de 500 xoguetes que a FUNDACI?N se encargará de distribuir.