Prosigue a campaña de recollida de tapóns

Na pasada semana, o Concello de Pontecesures fixo una nova achega de tapóns a Fundación Amigos de Galicia. Nesta ocasión, foron 31,20 kilos os aportados polos veciños e veciñas de Pontecesures. Desde o Concello de Pontecesures queremos agradecer as aportacións que solidariamente todos estades facendo a esta causa.

Lembrar que a  recollida continúa. Podedes depositar os tapóns nos contenedores que a tal efecto están ubicados na Casa do Concello, Escola infantil e Colexio, así como nos diversos establecementos adheridos a esta iniciativa.

Para máis información podedes visitar o seguinte blog:

http://unasonrisaparaaitana.blogspot.com/

Récord de participación na XII Carreira Popular Concello de Pontecesures

No día de hoxe sobre uns trescentos atletas desafiaron o mal tempo reinante e participaron na XII Carreira Popular Concello de Pontecesures.

A proba dividiuse en 8 categorías:

1)    PITUFOS de 0 a 4 anos cun percorrido de 100m.

2)    De 5 a 8 anos cun percorrido de 400m.

3)    De 9 a 12 anos cun percorrido de 600m.

4)    De 12 a 14 anos cun percorrido de 1.200m.

5)    De 15 a 17 anos cun percorrido de 4.8km.

6)    De 18 a 35 anos cun percorrido de 4.8km.

7)    De 36 a 50 anos cun percorrido de 4.8km.

8)    +50 anos cun percorrido de 4.8km.

Na categoría dos Pitufos a organización decidiu por vez primeira a entrega de medallas a tódo-los participantes.

 

Pódium categoría masculina de 5 a 8 anos:

1)    Don Sunny Seijas Portas de 8 anos do Pontecesures C.F.

2)   Don Iker Martínez Cascallar de 8 anos do Pontecesures C.F.

3)   Don Rodrigo Sanjurjo Rivas de 6 anos do Clube Atlético a Estrada.

 

Pódium categoría feminina de 5 a 8 anos:

1)   Dona Adriana Miralles Rey de 8 anos.

2)   Dona Sonia Blanco Rivadulla de 6 anos do Clube Atlético A Estrada.

3)   Dona Manuela Campos Neira de 8 anos.

 

Podium categoría masculina de 9 a 12 anos 600m:

1)   Don Arturo Ramos Rey de 11 anos do atlético Milladoiro.

2)   Don Leo Cendán Malingret de 11 anos de Teo.

3)   Don Javier Ordóñez Muñiz de 9 anos do Clube Piragüista As Torres de Catoira.

 

Pódium categoría feminina de 9 a 12 anos 600m:

1)   Dona Rebeca Pazos Bouzas de 11 anos do Clube Piragüista As Torres de Catoira.

2)   Dona Aldara Merino Figueira de 11 anos do Clube Piragüista As Torres de Catoira.

3)   Dona Xoana García De Dios de 11 anos do Clube Piragüista As Torres de Catoira.

 

Pódium categoría masculina de 12 anos 1.200m

1)   Don Lorenzo González Díaz da Sociedade Atlética Val Miñor de Gondomar.

2)   Don Brais Otero Casal de Valga.

3)   Don José Jaime Castaño Jiménez do Pontecesures C.F.

 

Pódium categoría feminina de  12 anos 1.200m:

1)   Dona Fátima Ordóñez Muñiz do Clube Piragüista As Torres de Catoira.

2)   Dona Catuxa Fabeiro Pardal do Baloncesto Río Ulla.

3)   Dona María Catoira Dopazo do Clube Piragüista As Torres de Catoira.

 

Pódium categoría masculina de 13 a 14 anos 1.200m:

1)   Don Samuel García Castro de 13 anos Do Pontecesures C.F.

2)   Don Adrián Freire Gil de 14 anos da Escola Deportiva Municipal de Negreira.

3)   Don Nacho Rozas Losada de 13 anos de Santiago.

 

Pódium categoría feminina de 13 a 14 anos 1.200m:

1)   Dona Laura Vázquez Filgueira de 13 anos do Triatlón Compostela.

2)   Dona Paula Remuiñán Ferreiro de 14 anos.

3)   Deserto

 

Pódium categoría masculina de 15 a 17 anos:

1)   Don José Manuel Vázquez Filgueira de 17 anos do Triatlón Compostela.

2)   Don Juan José Tarrío Cordeiro de 17 anos de Porto Do Son.

3)   Don Pablo Barreiro Rodríguez de 17 anos do Clube Nautico Pontecesures.

 

Pódium categoría feminina de 15 a 17 anos:

1)   1ª Clasificación Xeral

2)   Dona Miriam García Lesende de 15 anos de Pontecesures.

3)   Deserto

 

Pódium categoría masculina de 18 a 35 anos:

1)   1º Clasificación Xeral.

2)   2º Clasificación Xeral.

3)   3º Clasificación Xeral.

 

Pódium categoría feminina de 18 a 35 anos:

1)   3ª Clasificación Xeral.

2)   Dona Iris Soto Blanco de 20 anos de Redondela.

3)   Dona Shaina Muñiz Pérez de 31 anos do Noitebra F.C. de Ames.

 

Pódium categoría masculina de 36 a 50 anos:

1)   Don Pedro Traba de 36 anos.

2)   Don Manuel Márquez Martínez de 42 anos do R.C. Celta.

3)   Don Ramón Peón Perea de 42 anos da Sociedade Ximnática de Pontevedra.

 

Pódium categoría feminina de 36 a 50 anos:

1)   2ª Clasificación Xeral

2)   Dona María José Grobas Garaboa de 39 anos do Atlético Ordes.

3)   Dona Elena Miguéns Otero de 39 anos do Sar A Poutada Padrón.

 

Pódium categoría masculina +50 anos:

1)   Don Pedro Delgado Núñez de 51 anos do Atl. Milladoiro.

2)   Don Manuel Caramés de 56 anos.

3)   Don Manuel Vigo Mouruno de 56 anos do Atl. Milladoiro.

 

Pódium categoría feminina +50 anos:

1)   Dona Gelina Rodríguez Sobrino de 53 anos.

2)   Dona Ángeles Rodríguez Del Río de 53 anos do Atl. Ordes.

3)   Dona Belmira de Jesús de 57 anos.

 

Premio especial ó atleta máis veterán:

Don Xosé Neira Hermida de 79 anos de Rianxo.

 

Pódium da clasificación xeral masculina:

1)    Don Luís calvo Castro de 31 anos de Negreira.

2)    Don Javier Besada Vázquez de 20 anos do Academia Postal Ourense, oriundo de Pontevedra.

3)    Don Víctor González de 27 anos.

 

Podium da clasificación xeral feminina:

1)    Dona Laura Rosende Sáez de 15 anos da Estrada.

2)    Dona Paula Vilar Palma de 36 anos da Sociedade Atlética Val Miñor de Gondomar.

3)    Dona Belén Bascoy Cao de 28 anos.

 

O martes ou mercores da próxima semana aparecerán tóda-las clasificacións na páxina do concello www.pontecesures.org.

Dende o grupo de goberno queremos darlle as grazas a tóda-las persoas que de forma totalmente altruista colaboraron co evento.

Reparación dos desperfectos na intersección das rúas Avenida de Vigo e Ullán

Sobre as 20:30 horas de onte produciuse un accidente de circulación, no que se viron involucrados dous vehículos, na intersección das rúas Avenida de Vigo e Ullán. Aparte dos danos materiais, un dos conductores resultou ferido sendo trasladado nunha ambulancía ó Hospital Clínico de Santiago.
No día de hoxe a Policía Local de Pontecesures trasladoulle á Dirección Xeral de Estradas do Estado un informe dos danos materiais provocados polo accidente, consistentes no destrozo dunha isleta de adoquíns e unha sinal de tráfico.
Dende a Dirección Xeral de Estradas do Estado comprometéronse ó arranxo dos desperfectos nos vindeiros días.