MIRIAM GARCIA LESENDE DEBUTA CO EQUIPO DE LIGA FEMININA 2 DO CORTEGADA

0 roupa

A cesureña Miriam Garcia  Lesende debutou estes pasados días atrás co equipo senior da AD Cortegada, o Portomar Cortegada, que milita na 2ª máxima división do baloncesto feminino. Foi o pasado sábado 5 de outubro, nun amistoso en Pontedeume entre o seu equipo e o Universitario de Ferrol. A nosa veciña xa tuvo oportunidade de saltar á cancha e xogar uns minutos.

1 xogandoAqui a podemos ver o día do seu debut.

A crónica completa dese partido está no seguinte enlace:

CRONICA FERROL

Este pasado fin de semana repetiu, e xogou en Vilagarcía uns minutos do partido das maiores contra o potente equipo Balear do Instituto Fertilidade Air Europa.

A crónica deste outro partido está aquí:

CRONICA INSTITUTO FERTILIDADE AIR EUROPA

Hai que recalcar que esta xogadora, que se iniciou na escola e nos equipos de minibasket do CB. Rio Ulla inda é xogadora do equipo xuvenil do seu club, pois conta 17 anos (naceu en 1996). Leva xogando na AD Cortegada 6 anos. Froito do seu traballo e esforzo, chégalle agora esta oportunidade de xogar cas maiores nunha liga que é escaparate cara metas mais grandes.

¡¡¡ Parabens e non deixes de intentalo !!!

BALONCESTO: ESTE FIN DE SEMANA DISPUTANSE OS PRIMEIROS PARTIDOS OFICIAIS DA TEMPORADA 2013-14

ESCUDO OFICIAL

Os primeiros partidos oficiais das ligas da temporada 2013-14 son esta próxima fin de semana.

– O equipo xunior feminino xogará este sábado 12 ás 12 da mañá en Pontecesures diante do Pio XII de Santiago de Compostela.

– O cadete feminino que o fará o domingo 13 xogando a partir das 5 da tarde en Pontevedra contra o Arxil B.

– E o equipo xunior masculino tamén empeza xogando o domingo ás 5 no campo do Dorna de A Illa de Arousa.

– Ademais, o equipo senior xoga este sábado día 12 ás 8 da atrde un partido amistoso contra os vilagarciáns do Sigaltec BBC Liceo, da súa mesma liga, de cara a iniciar a liga de 3ª autonómica que se iniciará a vindeira semana.

Fora destes 4 equipos, temos outros 6 equipos máis esperando para empezar as suas ligas: 1 infantil feminino, 1 infantil masculino, 2 alevíns feminínos, 1 alevín masculino, e os pequenos/as do equipo de categoría benxamín mixto. 10 equipos federados (nunca antes tantos tivéramos namesma temporada), e xa 110 deportistas federados, ou tramitando nestes días as suas licencias. Caras novas en moitos dos equipos para completar planteis, sobre todo nos equipos base. De feito, está aberta a posibilidade de que calquera rapaz/rapaza que queira participar veña a anotarse e o poida facer.

Os horarios definitivos para este inverno, no polideportivo de Pontecesures, son os seguintes:

FOTO HORARIOSMais información,  polas tardes, dentro deste mesmo horario, no polideportivo de Pontecesures.

El CB Río Ulla arranca la temporada con un torneo 3X3

El Club Baloncesto Río Ulla de Pontecesures ha comenzado a preparar la próxima temporada, que como cada año, arranca con la celebración de un 32 «Basket na rúa» en el que participaron un total de cuatro equipos de mini, cinco de infantiles y cadetes y 19 de categoría sénior. En total, fueron más de un centenar de jugadores los que utilizaron las tres canchas que se instalaron en la conocida como Prazuela de Pontecesures, en las inmediaciones de la iglesia parroquial.

Además del apartado deportivo, el club hizo también públicas sus cuentas de la pasada campaña. El ejercicio 2012-2013 se cerró con un balance negativo de 245 euros, cifra que se debe descontar al superávit de casi 5.000 euros que venía arrastrando la entidad desde hace algunos años. Eso deja un balance positivo en las arcas de la entidad en estos momentos de 4.198 euros. De todas formas, en el seno de la entidad existe una importante preocupación en la caída de las ayudas públicas. De hecho, se calcula que se van a quedar sin un ingreso de unos 2.000 euros a través de ese concepto.

FARO DE VIGO 13/09/2013

IMAXENES DA IIIª EDICION DO 3X3 «BASKET NA RUA»

Celebrado este pasado sábado 7, ólongo de todo o dian na Prazuela, contou este ano ca participación de 19 equipos de categoria senior, 5 equipos Cadetes, e 4 de alevins. Os primeiros en xogar foron os Cadetes e Alevins. Estes tiñan un campo propio no lateral da igrexa.

100_2859 (Copiar) 100_2847 (Copiar) 100_2849 (Copiar)

Os alevíns xogaron a sua final en torno as 13 h. gañando os marinenses do «Peixegalego». Vemos ós 2 equipos que chegaron a esta final, e varios momentos do partido, xogada na Plazuela.

100_2887 (Copiar) 100_2883 (Copiar) 100_2884 (Copiar) 100_2885 (Copiar)

? mesmo tempo, na mañá do sábado, os 5 equipos da categoria cadete xogaban os seus partidos tamén na Plazuela, dende as 10 da maná. Logo de xogar 4 partidos cada equipo, os 2 primeiros clasificados quedaron para xogar a gran final, antes da senior, xa a tardiña.

100_2843 (Copiar) 100_2838 (Copiar) 100_2840 (Copiar) 100_2842 (Copiar)

Coma decíamos a final desta categoría xogouse á tardiña, antes da senior. A ela chegaron os equipos de Marin, e as «Porteñas» de Cesures. A final foi un gran partido de basket onde ganaron as locais por tan só 2 puntos. Vemosmomentos da final a continuación.

100_2957 (Copiar) 100_2952 (Copiar) 100_2954 (Copiar)

E o momento no que as «porteñas» gañan o seu encontro:

100_2969 (Copiar)

E xa para rematar a entrega de obsequios para ambos equipos.

100_3014 (Copiar) 100_3010 (Copiar) 100_3012 (Copiar)

Ambos equipos ó rematar a entrega de premios. O mais importante deste 3×3 é que quedan amizades feitas, mais alá de quen gañase ó final. As chicas de Marin, p. ex. é o 2º ano que acuden a participar da nosa festa de basket.

100_3009 (Copiar)

E do torneo senior, ademais de batir record de equipos participantes, pasando de 16 a 19 este ano, decir que foron case 6 h. de basket 3×3 ininterrumpidas, empezando a xogar ás 4 da tarde, e rematando pasadas as 10 da noite.

100_2929 (Copiar) 100_2890 (Copiar) 100_2893 (Copiar) 100_2896 (Copiar) 100_2897 (Copiar) 100_2900 (Copiar) 100_2902 (Copiar) 100_2922 (Copiar)

Logo de 42 partidos de 10 minutos cada un, chegouse á gran final, á que accederon os marinenses «Bonitas», contra os santiagueses «Chicos Hollister», que contaban co cesureño Jose Carlos García nas súas filas. Durante a tarde foi numeroso o público que se achegou a ver este torneo.

100_2895 (Copiar)

Noutra final igualada foron estes últimos os que a gañaron por escaso marxe, nun partido recordado polo gran acerto en triplas de ambos equipos, e pola espectacularidade dalgunhas accións «aéreas».

100_2976 (Copiar)Ambos equipos antes de empezar a final. E logo o partido:

100_2997 (Copiar) 100_2982 (Copiar) 100_2991 (Copiar) 100_2994 (Copiar)

E a entrega de premios:

100_3016 (Copiar)Os marinenses recollendo seus obsequios.

 

100_3019 (Copiar)O equipo gañador «Os chicos Hollister», cos seus agasallos.

100_2974 (Copiar)Agasallos houbo tamén, gracias ás casas colaboradoras, nos sorteos que houbo ó longo da tarde.

dende a directiva do CB Rio Ulla queremos agradecer a colaboración das casas comerciais e empresas que participaron neste evento, así coma ó Concello de Pontecesures polo mesmo motivo, e destacar tamén ós/ás «voluntarios/as» que ó longo de todo o dia nos axudaron para que todo transcorrise sen problemas.