ESTE SABADO TEMOS UNHA NOVA EDICION DO 3×3 BASKET NA RUA, NA PLAZUELA

CARTEL-3X3-2013-B-web

Para dar inicio a unha nova temporada de baloncesto, ois integrantes do C. B. Rio Ulla organizaron a IIIª edicion do 3×3 «Basket na Rua».

Durante toda a xornada día do sábado celebraremos partidos entre os distintos equipos que se anoten.

A mañá estará adicada ás categorias A (Alevíns: 9 a 11 anos) e B (Infantís e Cadetes: 12 a 15 anos).

Xa pola tarde xogaran os equipos da categoria A (senior: 16 anos en diante).

Xa contra a tardiña xogaranse as finais B e C. A final dos pequenos preveemos celebrala ó mediodia.

Decir que en 24 h levamos inscritos a 14 equipos senior, 8 da categoria B e 6 da categoria A.

Durante toda a xornada membros do C.B. Rio Ulla e colaboradores/as venderán rifas para os sorteos da tarde, no que haberá varios regalos cedidos polas casas comerciais colaboradoras.

Ademais temos un balon e unha camiseta asinada por Nacho Martin, «Xogador Revelación da pasada liga ACB», cedidos pola Asociación Deportivo-Cultural de Moraña.

E esperamos contar con algun outro regalo mais do mundo do basket…

IMG_5220 web

IMG_5222 web

Nacho Martín asinando os presentes que se sortearán durante a tarde do sábado.

Den de o CB Rio Ulla queremos agradecer una ano mais o esforzo das casas comerciais que colaboran connosco, asi coma ó Concello de Pontecesures pola súa colaboración

Asi pois só queda esperar que o tempo acompañe, e que todos os equipos acudan a este torneo con ganas de divertirse. Os gañadores de cada categoria terán uns recordos, pero nestes torneos o mais importante e o espectáculo e a diversión.

INICIO DE ADESTRAMENTOS DE VERÁN DO CLUB BALONCESTO RIO ULLA.

Esta tarde o CB Rio Ulla inicia os seus adestramentos de verán, onde os nenos e nenas do club, uns 100 integrantes, pasarán a adestrar cos grupos da próxima temporada 2013 – 14. Os horarios son estos nesta quincena de xuño. Xullo será de descanso total por vacacións, e de novo retomaranse os adestramentos no mes de agosto.

HORARIOS XU?O 2013

Ademais do inicio dos adestramentos, e destas reunións cos pais/nais dos xogadores/as, este temporada estival iniciamos unha nova captación de xogadores/as con vistas a conformar os distintos equipos da vindeira temporada. CAlquera interesado/a poderá ter mais informacion pasando no polideportivo municipal, nas horas antes mencionadas, ou nos telefonos que figuran no cartel.

CARTEL-basket-promos-2013