Inicio doutra tempada do Club Baloncesto Río Ulla

Nestes dias arranca a temporada 2006-07 para os distintos equipos do club de baloncesto. Os senior e xuvenís levan dende o luns entrenando polas noites. Onte martes os equipos cadetes e infantís iniciaron os seus adestramentos, e os equipos femeninos o farán este venres pola tarde. Tan só os alevíns quedan ata principios de outubro, pois a sua liga empeza cara finais de novembro.

Nos vindeiros dias faremos unha nota pública para que aqueles nenos e nenas que estean interesadas en formar parte do club, se incorporen os adestramentos.

Esperemos que o campeonato do Mundo logrado pola selección española anime ós nenos/as e mozos/as a apuntarse a este deporte.

Asimesmo, esperemos facer desta páxina a nosa ventana ó mundo. Así temos pensado poñer as plantillas cando estean conformadas, resultados semanais, e calquera noticia que o club xenere, pois somos sobre 80 persoas as vinculadas ó deporte da canasta en Pontecesures.

 

SABADO 9 DE SETEMBRO FESTA DA BICICLETA 2006

O Concello de Pontecesures organizou outro ano mais, e coincidindo ca volta ó cole dos cativos, unha nova edición da Festa da Bicicleta. A cita será o vindeiro sábado día 9, e a hora de inicio da mesma a partir das 17.30 h na Plazuela, lugar de saida do percorrido, polo que se recomenda ós participantes estar a partir das 5 da tarde na Plazuela.

Esta Festa ten un caracter puramente lúdico, non habendo ningún tipo de competición, senón que se trata de dar un paseo por Pontecesures «escoltados» por Proteccion Civil e a Policia Local, para non ter problemas co tráfico de vehículos.

Ademais colabota na organización desta Festa a Deputacion provincial, ca entrega dunha serie de obsequios que se fan nun sorteo ó rematar a carreira, así coma os trofeos para os participantes mais novos e de mais idade.

Xa o sabedes, animádevos a participar.

RESUMEN FOTOGRAFICO DAS FESTAS DE PORTO

Este ano especialmente as numerosas actividades foron variadas. Así, tivemos dende paiasos, ate regatas no río, pasando por xente chegada de toda a comarca para probar os mexilóns, e sobre todo con gañas de FESTA, MOITA FESTA.

(PARA VER AS FOTOS AMPLIADAS PINCHAR 2 VECES ENCIMA DE CADA UNHA DELAS)


(O Show dos paiaosos actuou para os mais cativos o mércores á tarde)  


Os dragóns no río. Neste caso a tripulación dos fra-«casados»


Bonito o «pique» entre estas 2 tripulacións na regata das mulleres
 

Trofeos para os gañadores.


Fogos de artificio.


Baile galego a cargo de «Algueirada».


Xente co pelo pintado.
(Publicada con autorizacion expresa de Sabariz)


Charanga «Padre Apeles»


Cociñeiros.


Familias participando na mexiloada


Peñas vestindo as camisetas da festa.


Guapas mozas chegadas dende A Devesa pra pasalo ben.
(O prometido é deuda).


Autoridades locais tomando un pincheo logo da misa solemne.

E POR SUPOSTO AS MELLORES FESTAS DA COMARCA

(¿OU ALGUEN O DUBIDA?)

O GRUPO DE TEATRO A BARCAROLA ACTUA EN VALGA

100_4784web.JPG100_4812web.JPGCon motivo da Festa da Anguia de Valga, o grupo de teatro de «A Barcarola» representou a obra «A herdanza de D. Pedro» no Centro Cultural de Valga, este pasado venres á noitiña. As mais de 50 persoas que alí estiveron disfrutaron da actuación destes nosos veciños, que lograron arrancar do público gargalladas en varios momentos da obra.

Marcha dos nenos saharauis.

O pasado venres 25 á tardiña marcharon para o seu pais os 10 nenos e nenas que viñeran hai 2 meses, acollidos en familias de Valga Catoira e Pontecesures. As 20.30 h. partian cara o aeroporto que había de levar a estes nenos de volta á sua terra.

 

Por fru, hace

Chus Abalo xa é Doutor pola U.S.C. (Universidá De Santiajo D Compostela)

Pois si,  xente, por increible que parezca, e tal e coma contei onte, o noso conveciño Xesus Abalo xa é DOUTOR en bioloxía pola Universidade de Santiago. Ahi o tedes de corbata e todo, feito un señor.

chus-01.jpg

¡Nada mais e nada menos que un SOBRESAINTE CUM LAUDE levou o rapas! Coma xa contara a tese ia sobre as dificultades para reproducirses lampreas en cautividade (as do rio, mal pensados), e o tribunal considerou que o traballo merecia a nota máxima, polo que podemos decir que algo interesante debeu de contarlles os do «mundo científico» (ese mundo para o que Gulli sempre di que está a traballar toda a semana, que di que é o único que fai por levantar o pais, que senon fose por él esto estaría afundido).

Pois iso, que hoxe a familia e os amijos, tanto os da aldea coma os da ciudá nos axuntamos no Xirimbao e fixemos unha comida de celebración na honra do novo doutor…

chus-grupo.jpg

Por ultimo, decir tamen que na foto familiar podemos ver á famila ó completo, incluido ó último «fichaje» o tamen cesureño Xure, todo un agente de la autoridá, guarda viril para mais señas (en mans de quen estamos Señor) e que posaron para a cámara deste «retratista».

chus-02.jpg

Agora Si… NORABOA CHUS, e coidao ca reproduccion das lampreas!!!