As Torres gaña o Campionato de España Infantil de 3.000 metros.

O Náutico Pontecesures é subcampión, e Manuel Fontán, do Náutico Muíño de Ribadumia, cólgase o ouro no C-1.

Produtivo desprazamento o afrontado por boa parte dos clubs arousáns de piragüismo ao encoro asturiano de Trasona a pasada fin de semana. Dous días con sendas competicións de primeiro nivel para o groso das novas promesas dos principales equipos da Península, coa disputa o sábado da Copa de España de Cadetes de 1.000 metros, e o domingo do Campionato de España Infantil de 3.000 metros; segunda e terceira probas das cinco que compoñen esta tempada o calendario da Liga Nacional de Jóvenes Promesas, e que tras a pasada fin de semana colideran o As Torres-Romaría Vikinga e o Náutico Sevilla con 309 puntos.

O equipo catoirense fíxose co título de clubes na cita dominical cun total de 1.066 puntos, en dura pugna co seu veciño Náutico Pontecesures, subcampión de España con 1.041. O Náutico de Sevilla, con 983, pechou o podio, co Breogán do Grove oitavo con 699 e co Náutico O Muíño de Ribadumia vixésimo sexto con 334.

Curiosamente, foi este último o único dos catro coletivos arousáns en celebrar un título individual. O de Manuel Fontán Señoráns. O canoísta zurdo colgouse o ouro en Infantil A, só nove meses despois de facer dobrete no Campionato de España Infantil de Verán sobre 1.000 metros no C-1 e no C-2. En Trasona, o padexeiro do Muíño gañou con rotundidade en 14.02.570 e 16,550 segundos de vantaxe sobre o seu inmediato perseguidor, Cayet García de la Borbolla, do Náutico de Sevilla.

Tamén no Nacional Infantil de 3.000 Javier Ordóñez Muñiz, tamén canoísta e zurdo, fíxose coa prata na categoría B, a de primeiro ano, a 19 segundos do campión, Eduardo Saldaña, do Alberche.

Un día antes, o sábado, o As Torres-Romaría Vikinga disfrutaba xa da segunda praza na Copa de España Cadete de 1.000 metros con 272 puntos, polos 432 do Náutico de Sevilla. O Piragüismo Illa foi o outro conxunto arousán en finalizar no Top Ten, oitavo con 162 puntos. A nivel individual, sinalar as cinco medallas da representación da comarca, coa prata de Aldara Merino Figueira, das Torres, no K-1 Cadete B á fronte, a tan só 260 milésimas de segundo da campioa, Alba Juanes, do Sicoris. María Pérez Aragunde, do Muíño, fíxose co bronce no C-1 Cadete B, o mesmo có C-2 do P. Illa con Yerai García e de David Mochales, e do K-4 feminino das Torres. O C-4 masculino do Pontecesures foi pola súa banda segundo.

Parada de Servicio de Pontecesures.net

Dende o pasado Venres ata hoxe non tivemos acceso a Pontecesures.net por un problema no servidor, pasou a mellor vida, eso unido á falta de «dilixencia» no servicio no que está alugado o servidor (un servidor propio), fixo que o que debería ser unha parada casi «invisible» a non ter ningún tipo de servicio durante varios días.

img_2729

Ante todo, non podo máis que disculparme por este problema, non estaba nas miñas mas amañalo e non podía máis que esperar, ainda que non faltaron correos electrónicos, chamadas … ó proveedor para que se amañase en tempo e forma.

Tras visto o visto, o proveedor non é malo (strato), pero si ten uns procedementos realmente «lentos», en breve farei a «migración» (Cambio a un novo servidor), e será algo que non se notará (non teremos a web caida durante a migración).

Non podo máis que disculparme pola caida do servicio ….

un saudiño dende Sevilla,

Antonio Cortés

Mitín de TeGa en Pontecesures.

Será o venres día 8 de maio, ás 20:30 horas, no Pub Deluxe (na Factoría, preto da Estación de Ferrocarril).

Falarán:

-Guillermo Sánchez Fojo, secretario xeral de TeGa.
-José Manuel Barral Piñeiro, nº 3 da candidatura.
-Jorge Janeiro Cortés, nº 2 da candidatura.
-Ángel Manuel Souto Cordo, candidato á alcaldía.

Ao remate servirase un viño galego aos asistentes.

O PROGRAMA DE DINAMIZACI?N DA LECTURA ??LER CONTA MOITO? VOLVE DE NOVO Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE PONTECESURES.

LER CONTA MOITO

O programa LER CONTA MOITO, de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas públicas de Galícia en colaboración cos concellos, vén de novo a Pontecesures. Deste xeito, coincidindo coa semán previa ao día das Letras Galegas, levaránse a cabo durante o mes de maio as seguintes actividades de lectura deste programa na Biblioteca Municipal de Pontecesures:

O luns 11 de maio: ??Intres? da compañía O sono do rato, dirixida a alumnos de educación infantil.

O martes 12 de maio: ??A ciencia é divertida? da compañía Nita, dirixida aos nenos/as da Escola Infantil Municipal (0-3 anos).

O mércores 13 de maio: ??Contos susurrados (?rase unha vez)? de Fátima Fernández, dirixida a alumnos de 5º e 6º de primaria.

O xoves 14 de maio: ??Contos do mundo? de Solidaridade Internacional, dirixida a alumnos de 3º e 4º de primaria.

O venres 15 de maio: ??Conto contigo? de Expresión producións, dirixida a alumnos de 1º e 2º de primaria.

Estas actividades realizaránse en horario de mañán en coordinación co CPI de Pontecesures.

Proponen que Padrón se convierta en un lugar accesible a pie y en bicicleta.

El grupo Cidega se despide del Concello con una moción para que se adapten las vías para dar cabida a peatones y ciclistas.

El grupo político de Cidega se despidió en pleno de la corporación local de Padrón con dos mociones que fueron apoyadas por unanimidad por el resto de formaciones. La primera de ellas, defendida por el edil Andrés García Bustelo, pide hacer accesible Padrón en bicicleta y a pie. Para ello, propone diseñar un «plan vial estratéxico, tendo en conta os viais necesarios de adaptación, remodelación ou construción nun futuro, para que Padrón poda ter un sistema vial adaptado e acondicionado para peóns e bicicletas, que faciliten os desprazamentos inter-núcleos, así como a conexión con concellos veciños separando os viais de peóns, ciclistas e automóbiles».

También pide tener en cuenta los proyectos que se desarrollan en la actualidad o los futuros para darle preferencia a los peatones y ciclistas, con la creación, adaptación o rehabilitación de viales públicos. Andrés García recuerda que, por su orografía plana, Padrón y comarca se presta a ello, por lo que también pide que esta idea se traslade al resto de los Concellos de las Terras de Iria, además de Pontecesures, Valga, Catoira y Rianxo, para «facer unha fronte común» y que todo este área sea accesible a pie y en bicicleta, tanto «para os momentos de lecer como para o uso diario de tránsito aos postos de traballo».

La otra moción, también aprobada por unanimidad, pide la creación de un foro de participación social y política, un «grupo xerador de ideas», que defina como será el Padrón del futuro, para lo que primero es necesario constituir una mesa de trabajo.