As Torres gaña o Campionato de España Infantil de 3.000 metros.

Publicado por Redacción en

O Náutico Pontecesures é subcampión, e Manuel Fontán, do Náutico Muíño de Ribadumia, cólgase o ouro no C-1.

Produtivo desprazamento o afrontado por boa parte dos clubs arousáns de piragüismo ao encoro asturiano de Trasona a pasada fin de semana. Dous días con sendas competicións de primeiro nivel para o groso das novas promesas dos principales equipos da Península, coa disputa o sábado da Copa de España de Cadetes de 1.000 metros, e o domingo do Campionato de España Infantil de 3.000 metros; segunda e terceira probas das cinco que compoñen esta tempada o calendario da Liga Nacional de Jóvenes Promesas, e que tras a pasada fin de semana colideran o As Torres-Romaría Vikinga e o Náutico Sevilla con 309 puntos.

O equipo catoirense fíxose co título de clubes na cita dominical cun total de 1.066 puntos, en dura pugna co seu veciño Náutico Pontecesures, subcampión de España con 1.041. O Náutico de Sevilla, con 983, pechou o podio, co Breogán do Grove oitavo con 699 e co Náutico O Muíño de Ribadumia vixésimo sexto con 334.

Curiosamente, foi este último o único dos catro coletivos arousáns en celebrar un título individual. O de Manuel Fontán Señoráns. O canoísta zurdo colgouse o ouro en Infantil A, só nove meses despois de facer dobrete no Campionato de España Infantil de Verán sobre 1.000 metros no C-1 e no C-2. En Trasona, o padexeiro do Muíño gañou con rotundidade en 14.02.570 e 16,550 segundos de vantaxe sobre o seu inmediato perseguidor, Cayet García de la Borbolla, do Náutico de Sevilla.

Tamén no Nacional Infantil de 3.000 Javier Ordóñez Muñiz, tamén canoísta e zurdo, fíxose coa prata na categoría B, a de primeiro ano, a 19 segundos do campión, Eduardo Saldaña, do Alberche.

Un día antes, o sábado, o As Torres-Romaría Vikinga disfrutaba xa da segunda praza na Copa de España Cadete de 1.000 metros con 272 puntos, polos 432 do Náutico de Sevilla. O Piragüismo Illa foi o outro conxunto arousán en finalizar no Top Ten, oitavo con 162 puntos. A nivel individual, sinalar as cinco medallas da representación da comarca, coa prata de Aldara Merino Figueira, das Torres, no K-1 Cadete B á fronte, a tan só 260 milésimas de segundo da campioa, Alba Juanes, do Sicoris. María Pérez Aragunde, do Muíño, fíxose co bronce no C-1 Cadete B, o mesmo có C-2 do P. Illa con Yerai García e de David Mochales, e do K-4 feminino das Torres. O C-4 masculino do Pontecesures foi pola súa banda segundo.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.