No seguinte enlace descárgase o boletín:
Sin Categoria
PROGRAMA DE BENESTAR EN BALNEARIOS 2015 DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR.
Dirixido a maiores de 60 anos ou pensionistas maiores de 55 anos.
Prazo de solicitude ata o 14 de maio.
Máis información e presentación de solicitudes no Servizo Social Comunitario deste concello, os luns de 11.00 a 15.00 horas ou os martes e venres de 9.00 a 13.30 horas.
Descarga das bases (Bando municipal e Orde no D.O.G.) nos seguinte enlace:
http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=741
Sin Categoria
Criticas da ACP por convocarse un pleno extraordinario en horario de mañá.
Bastantes veces criticou a ACP que se convocasen plenos extraordinarios en horario de mañá porque os concelleiros da oposición teñen dificultades para asistir por cuestións laborais. Sempre dixemos que para facilitar o debate e a asistencia do público os plenos deben ser sempre en horario de tarde/noite.
Pois ben; o goberno local insiste e así mañá día 28 de abril, ás 12 horas, celebrarase o pleno extraordinario para elixir, por sorteo, aos integrantes das mesas electorais para os comicios locais do 24 de maio. Realmente é un asunto de mero trámite pero non se entende por que se celebra en horario de mañá dificultando á asistencia dos concelleiros da oposición. O horario de mañá sen dúbida venlle ben aos tres concelleiros do goberno local que cobran unha exclusiva, pero prexudica aos demais.
En fin, outra vez estamos ante unha decisión dun alcalde e dun goberno local sin sentido e que pode impedir que os concelleiros cumpramos unha das nosas obrigas fundamentais que temos que é asistir aos plenos.
Pontecesures, 27/04/15
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures
Sin Categoria
Seleccionados 5 peóns de xardinería hoxe no Concello de Pontecesures.
Coa subvención da Xunta de Galicia foron seleccionados polo Concello de Pontecesures estes 5 traballadores que tiñan que estar percibindo a RISGA (Renda de Integración Social de Galicia) como requisito.
Presentáronse sete aspirantes (todos eles percibindo a RISGA) dos que viñan na relación enviada pola Oficina de Emprego.
As puntuacións do tribunal formado no concello está mañá foron as seguintes:
Mª Luz Mota Rodríguez, 15,50 puntos.
Diego Domingo Rosa Zamora, 13,75 puntos.
Herminda Guimarey Oliveira, 11,75 puntos.
Juan José Estévez Jamardo, 10,00 puntos.
Pilar Rodríguez Da Costa, 7,85 puntos.
Jennifer Agrasar Crespo, 4,50 puntos.
Andreea Craciun, 4,50 puntos.
Foron selecionados os cinco primeiras. Como primeira suplente quedou Jennifer Agrasar Crespo pola antigüidade na percepción da RISGA.
O contrato é por sete meses cunha xornada de 6 horas diarias. O salario estará en torno aos 1.000 euros de acordo co convenio colectivo sectorial aplicable.
Sin Categoria
Piden que se arregle cuanto antes la rúa Real de Padrón.
El portavoz del Bloque Nacionalista Galego de Padrón, Xoán Santaló Ríos, ha solicitado al ejecutivo local presidido por Antonio Fernández, que se proceda a arreglar a la mayor brevedad posible el pavimento de la céntrica rúa Real, levantado a principios de este año por la obras de canalización del gas natural.
El Bloque dice que el estado de dicho adoquinado «é lamentable, con adoquines rotos, sen asentar, que se balancean ao camiñar sobre o mesmo, o que reviste un claro perigo para os peóns», sentencia.
En base a esto, Santaló Ríos reclama que se proceda a reparar de forma urgente aquel pavimento que ofrece un mayor peligro para los viandantes. Además, pide una revisión de la obra por parte de los técnicos municipales de Urbanismo «para comprobar que o seu remate se adecúa ao casco histórico». El portavoz nacionalista padronés también solicita al Concello que se incaute la fianza mientras la firma no lo restaure, de manera que si la empresa no responde, el ejecutivo pueda acometer la reparación subsidiaria.
El Correo Gallego
Sin Categoria
Favoritismos na rúa Doutor Mosquera de Condide.
A intersección da rúa Doutor Mosquera coa do Regadío sí foi reparada provisionalmente.
A intersección da rúa Doutor Mosquera coa pista que vai á Paxareira non foi reparada provisionalmente.
Xa hai días denunciamos que a rúa Doutor Mosquera de Condide, onde houbo recentemente unha obra de renovación de servicios con construción dunha nova beirarrúa en unha das marxes era unha especie de «cidade sen lei» (contedores de lixo na nova beirarrúa estorbando o paso dos veciños e impedindo o paso das cadeiras de rodas, obras de peche de parcelas sen respectarse a liña do PXOM, cesións para o dominio público, vinculadas a licenzas, sen efectuar, etc…).
Pero hai máis: por mor das obras, as tres interseccións desta rúa coa do Regadío coa de Aldea de Abaixo e coa pista que vai á Paxareira quedaron moi danadas dificultando a circulación dos vehículos, pero, sorprendentemente, o goberno local só arranxou a intersección coa rúa do Regadío, quedando as outras dúas en estado lamentable. ? certo que estas zonas vanse pavimentar en breve pois van incluídas nunha obra de Medio Rural de asfaltado de toda a rúa Doutor Mosquera pero o que non é de recibo e o favoritismo dun goberno que mellora provisionalmente os accesos a unha rúa e non os das outras dúas.
Parece que o concelleiro de obras, Ángel Souto, residente nesta rúa e afectado polas obras, considera aos veciños que van cara a rúa do Regadio de primeira categoría e aos van cara ás outras dúas pistas de segunda.
Esperemos que os veciños prexudicados tomen boa nota do sucedido en maio próximo para que non se repitan feitos deste tipo.
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures