O Concello de Pontecesures informa de que o Centro de Información á Muller (CIM) ofrece dous tipos de servizos gratuítos ás veciñas de Pontecesures: atención psicolóxica e asistencia xurídica. O servizo de atención psicolóxica estará dispoñible todos os mércores en horario de 12:00 a 14:00 horas, mentres que o de asistencia xurídica terá lugar todos os venres, de 9:30 a 11:30 horas.
A atención prestarase nas oficinas emprazadas no baixo da casa consistorial. Máis información: 986 557 125 ou 986 564 409.
O director do instituto pide traballar na erradicación de estereotipos entre os rapaces.
O IES Plurilingüe de Valga veu comezar o mes pasado o prazo de inscrición na Formación Profesional coñecendo a decisión da Consellería de Educaciónde trasladar o seu Grao Medio Dual de Mecanizado ao CIFP Fontecarmoa de Vilagarcía. O mércores abriu a primeira das tres quendas de matriculación que ao longo do verán acabarán casando as preferencias dos 51.454 solicitantes de praza na FP en toda Galicia e a oferta do sistema para o vindeiro curso. E neste punto, o instituto valgués xa sabe que entre as súas aulas de primeiro haberá finalmente dúas titulacións menos das impartidas no último ano académico: o Ciclo Superior de Construcións Metálicas en réxime ordinario e o Ciclo Medio de Soldadura e Caldeiraría para adultos.
Trátase de dúas titulacións, como a de Mecanizado, dun sector do metal que sustenta unha porcentaxe principal da economía de Valga e da súa contorna, con empresas tractoras coma Extrugasa, Exlabesa ou Gama e Hijos. De aí que a supresión dos graos apuntados resoe con especial estrondo cando o director do IES Plurilingüe de Valga, Eliseu Mera, explica a razón: «A Consellería de Educación pide un mínimo de 8 alumnos para que haxa o primeiro curso de calquera ciclo e unicamente había dúas peticións validadas tanto para o de Construcións Metálicas como para o de Soldadura e Caldeiraría para adultos». Mera conta que o ano pasado, a estas alturas do verán, tampouco se chegaba á ratio esixida desde a Xunta para a primeira das titulacións, con máis de dez anos de antigüidade no programa de estudos do centro do Baixo Ulla: «Había 4, só que entón a Consellería preferiu agardar a setembro a ver se se chegaban aos 8, e conseguiuse o número xusto de alumnos».
Cun ecosistema empresarial como o valgués, que sucede para que aconteza algo así? Eliseu Mera apunta en dúas direccións. No caso do Ciclo Superior de Construcións Metálicas, di: «Haino tamén en Santiago, e para un rapaz de 18 anos, resulta máis atractivo vivir en Santiago ca en Valga». Con todo, no fondo da cuestión, o director do instituto entende que segue a ser preciso traballar na superación dun estereotipo retroalimentado durante décadas: «O alumnado debe deixar de ter medo a apostar pola FP pensando que é unha formación inferior á da universidade. Hai que continuar facendo un traballo de divulgación do alto grao de inserción laboral dos titulados en FP».
Mera recorda que, desde a estrea do CS de Construcións Metálicas no instituto de Valga, houbo outro ano no que á falta de demanda levou a eliminación do seu primeiro curso e, como entón, «confío en que o ano que vén volva haber alumnado suficiente para ofertalo outra vez». Ata entón, no 2023/24 o IES de Valga ofertará o primeiro curso dos graos básicos de Agroxardinaría e composicións florais e de Fabricación e montaxe e os graos medios en Soldadura e caldeiraría no réxime ordinario e no dual.
Unha gran parte dos xogadores da categoría Alevín do Cordeiro-Ulla CF e as súas familias desprazáronse en autobús o sábado pasado ata Amarante, para celebrar no parque acuático desta localidade portuguesa o fin de tempada; a excursión foi organizada por un grupo de pais e nais que, tras un ano intenso de competicións e torneos, quixeron agasallar os rapaces cunha actividade lúdica e distendida, na que tanto maiores como pequenos, desfrutaron das diferentes atraccións acuáticas que o parque ofrece.
“Consideramos importante dotar dunha dimensión social ó deporte de base; este tipo de actividades axudan a crear vínculos, socializar, e xerar emocións positivas entorno ó deporte, levando a súa práctica máis alá da competición” opinaba ó regreso da excursión, xa case a media noite, unha das nais organizadoras da xornada.
Os rapaces e rapazas descansarán estes días para retomar os adestramentos nunhas semanas.
Imaxe do grupo no Parque Acuático de Amarante, 15/07/2023
«O furancho», escrita por Santiago Cortegoso, trata de cuestiones que afectan a la sociedad contemporánea como la pobreza cultural, la complejidad de los sentimientos o los perjuicios que todos arrastramos. Este espectáculo, protagonizado por Isabel Risco y Marián Bañobre, llegará al auditorio de Valga el 28 de julio a las 20 horas y con entrada libre.
La llegada de la compañía teatral Ibuprofeno Teatro a Valga se debe al programa de dinamización lingüística FalaRedes de la Xunta de Galicia.
Esther Ordóñez, á esquerda da imaxe, nun acto de Mel de Galicia.
Esther Ordóñez dará o pregón da 42 edición da festa
Este sábado volve a romaría da Casa Vella a Campaña. Xa son corenta e dúas edicións desde a súa aparición. O evento comenzará ás dez da mañá co pregón, ofrecido este ano por Esther Ordóñez Dios, presidenta do Consello Regulador da IXP Mel de Galicia.
Xa pola tarde, dende ven cedo, a partir das catro, haberá varios DJ pinchando distintos estilos de música para atraer a todos a desfrutar da festa. O colofón será actuación do grupo M80.
A organización quere asegurarse que sexa un gran día e terá ben preparadas as reservas de cervexa. Ademais, haberá unha exhibición de fogos artificias, aproximadamente ás doce da noite, a cargo de Pirotecnia López.