Unha gran parte dos xogadores da categoría Alevín do Cordeiro-Ulla CF e as súas familias desprazáronse en autobús o sábado pasado ata Amarante, para celebrar no parque acuático desta localidade portuguesa o fin de tempada; a excursión foi organizada por un grupo de pais e nais que, tras un ano intenso de competicións e torneos, quixeron agasallar os rapaces cunha actividade lúdica e distendida, na que tanto maiores como pequenos, desfrutaron das diferentes atraccións acuáticas que o parque ofrece.
“Consideramos importante dotar dunha dimensión social ó deporte de base; este tipo de actividades axudan a crear vínculos, socializar, e xerar emocións positivas entorno ó deporte, levando a súa práctica máis alá da competición” opinaba ó regreso da excursión, xa case a media noite, unha das nais organizadoras da xornada.
Os rapaces e rapazas descansarán estes días para retomar os adestramentos nunhas semanas.
Imaxe do grupo no Parque Acuático de Amarante, 15/07/2023
«O furancho», escrita por Santiago Cortegoso, trata de cuestiones que afectan a la sociedad contemporánea como la pobreza cultural, la complejidad de los sentimientos o los perjuicios que todos arrastramos. Este espectáculo, protagonizado por Isabel Risco y Marián Bañobre, llegará al auditorio de Valga el 28 de julio a las 20 horas y con entrada libre.
La llegada de la compañía teatral Ibuprofeno Teatro a Valga se debe al programa de dinamización lingüística FalaRedes de la Xunta de Galicia.
Esther Ordóñez, á esquerda da imaxe, nun acto de Mel de Galicia.
Esther Ordóñez dará o pregón da 42 edición da festa
Este sábado volve a romaría da Casa Vella a Campaña. Xa son corenta e dúas edicións desde a súa aparición. O evento comenzará ás dez da mañá co pregón, ofrecido este ano por Esther Ordóñez Dios, presidenta do Consello Regulador da IXP Mel de Galicia.
Xa pola tarde, dende ven cedo, a partir das catro, haberá varios DJ pinchando distintos estilos de música para atraer a todos a desfrutar da festa. O colofón será actuación do grupo M80.
A organización quere asegurarse que sexa un gran día e terá ben preparadas as reservas de cervexa. Ademais, haberá unha exhibición de fogos artificias, aproximadamente ás doce da noite, a cargo de Pirotecnia López.
O Laboratorio de Formas de Galicia, pese a ser o fundador, copropietario e director do Museo Carlos Maside, non foi tido en conta na súa reapertura.
Desde o primeiro momento o Laboratorio foi quen solicitou á Xunta a declaración BIC do Museo Carlos Maside. Tamén foi quen dirixiu o museo ata o seu peche, en 2014, e foi quen loitou pola apertura do museo, denunciando o seu precario estado, e séndolle negado acceso ás suás instalacións, pois cambiaran as pechaduras. A creación do Museo Carlos Maside foi unha iniciativa do Laboratorio de Formas, integrado por Isaac Díaz Pardo, Luis Seoane e Andrés Fernández-Albalat, sendo moitas das obras da súa colección donadas ou depositadas por Isaac Díaz Pardo, Luis Seoane e os seus contactos.
A Fundación Sargadelos non ten vinculación algunha co Museo Carlos Maside, polo que consideramos ilegal o intento de apropiación e cambio de nome do citado museo. Esta é unha situación anómala que lle obrigou ao Laboratorio de Formas a iniciar procedementos xudiciais.
Leilía, Ruxe Ruxe e versións dos anos 80 e 90 de Chroma e Somoza Trío, entre os concertos programados
As actuacións de Xoán Curiel e de Uxía Lambona son dous dos atractivos para a cativada, que terá a súa festa o 24 pola tarde
O martes 25 celébrase a tradicional romaría no monte Santiaguiño, tras subir o santo en procesión
Sardiñada da romaría do Santiaguiño
As festas do Santiaguiño encherán Padrón de actividades para todos os públicos dende este luns, día 17, ata o 25 de xullo, cando se celebrará a tradicional procesión do santo e a romaría no monte San Gregorio. As actuacións de Xoán Curiel e Uxía Lambona son dous dos espectáculos pensandos para a cativada, que terá a súa festa o luns 24 pola tarde. Os amantes dos concertos poderán gozar cos de Ruxe Ruxe, Leilía e as vesións dos anos 80 e 90 de Chroma e Somoza Trío. O amplo programa inclúe tamén a entrega do premio Peregrino de Honra a José Antonio de la Riera, o venres 21.
A maxia terá un papel destacado no programa do Santiaguiño 2023, cos espectáculos Rock’n’Magic do Mago Teo (luns 17, 21.30 horas) e o do Mago Antón Mil maxias máis (venres 21). O Mago Antón vai ofrecer cinco actuacións na travesía do Campo da Feira (detrás do campo de fútbol) ás 11.00, 12.00, 19.00, 20.00 e 21.00 horas con aforo limitado, polo que é preciso retirar entrada no centro social.
Procesión do santo no monte San Gregorio.
Nenos e nenas tamén poderán gozar cos espectáculos para público familiar de Xoán Curiel e a Banda do Verán (martes 18) e co de Uxía Lambona e a Banda Molona (xoves 20), os dous ás 21.30 horas na praza de Macías.
O venres comezan os grandes concertos do Santiaguiño coa actuación de Leilía (22.30) e Quinkillada (medianoite), ambos no Campo do Souto, e o do DJ Traffic House (01.30) no Espolón. O sábado actuarán Chroma, coas súas versións dos anos 80 e 90 (23.00) e o DJ César Sánchez (01.00) e o domingo será o turno da banda folk Os D’Abaixo (21.30).
O fundador da Fraternidad Internacional del Camino de Santiago (FICS) e da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago (AGACS), José Antonio de la Riera Autrán, foi distinguido este ano do premio Peregrino de Honra. O alcalde, Anxo Arca, entregaralle o venres o galardón Padrón, Berce do Xacobeo, durante o acto oficial que se celebrará na igrexa de Santiago a partir das 12.00 horas.ç
Festa infantil o luns 24
A cativada ten reservada a súa festa para o luns 24, coa celebración do parque de lecer infantil. Entre as seis e as nove da tarde poderá gozar cos inchables, pista militar, a selva, guay paut con piscina, tobogán de auga, búfalo mecánico e moitas atraccións máis.
O grupo folclórico Rosalía de Castro actuará ás 18.00 no paseo do Espolón, e as 19.00 celébrase un desfile e concurso asnal, antes de que o espectáculo de acrobacias O burro Marcial faga as delicias de todos os que se atopen na praza de Macías ás oito da tarde. Ao rematar (20.30) o Circo Krasnovarak pediralle a pequenos e maiores polas rúas de Padrón que axuden a Nika a atopar os animais perdidos do circo.
Os concertos de Somoza Trío, coas súas versións pop rock dos anos oitenta e noventa (22.30 horas) e o DJ Carlos López (00.30) pecharán o programa do luns 24.
Romaría no monte San Gregorio.
Día do Santiaguiño
O día grande do Santiaguiño, 25 de xullo, os actos comezarán ás 10.30 horas coa tradicional procesión coa imaxe do santo dende a igrexa parroquial ata o monte San Gregorio. A comitiva irá acompañada polos grupos de gaitas O Pedrón, Rosalía de Castro, San Pedro de Carcacía, A Arreixeira, Xoldra e Os Mersenarios. Ao mediodía celebrarase a misa no monte Santiaguiño, e a solemne será ás 13.00 horas, cantada pola Coral Polifónica Padronesa.
O Concello ten habilitado un servizo de transporte gratuíto para que persoas con mobilidade reducida podar participar na romaría. Haberá saídas dende o Campo do Souto cada media hora de 11.30 a 15.00 e de 17.00 a 20.00 horas. As baixadas dende o Santiaguiño serán, tamén cada media hora, de 11.45 a 15.15 e dende ás 17.15 ata as 20.15 horas.
O romaría do Santiaguiño comezará ás 12.30 horas coa tradicional sardiñada, e o reparto gratuíto de pan de millo e dos bolos preñados.
As actividades divertidas para os máis pequenos comezarán ás 16.30 horas, con animación, inchables de auga e moitas máis sorpresas.
A baixada en procesión do santo dende o monte Santiaguiño (19.30 horas) dará paso pouco despois ao concerto de Ruxe Ruxe (21.30 horas no paseo do Espolón), que pecharás as festas do Santiaguiño de Padrón deste ano.