
Contaremos con música e sesión vermú, e falarán: Maite Tocino, Fran Devesa e Marta Gómez.
NON FALTES!
BNG Pontecesures
BNG Pontecesures
O Concello de Padrón distinguirá a José Antonio de la Riera Autrán co premio Padrón, Berce do Xacobeo, un galardón que implica o seu nomeamento como Peregrino de Honra e que o acredita como embaixador padronés e do Camiño. O acto, que se enmarca na celebración do Día do Peregrino, desenvolverase o venres 21 ó mediodía na igrexa parroquial de Santiago de Padrón. Nado en Vigo en 1953, José Antonio de la Riera Autrán é fundador da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago, entidade que foi recoñecida co Premio Elías Valiña 2004 á recuperación dos Camiños de Santiago, un galardón que conceden a Xunta e o Comité Internacional de Expertos do Camiño. Ademais, é fundador da FICS e actual vocal de comunicación da Fraternidad Internacional del Camino de Santiago, que acolle a peregrinos de 29 países. Con esta distinción, o Concello pon en valor tamén a experiencia como peregrino e hospitaleiro dunha das persoas máis implicadas no estudo, conservación, defensa e promoción do Camiño. O premio Padrón, Berce do Xacobeo foi instaurado en 2017 polo Concello para destacar o traballo de persoeiros relevantes a prol do Camiño e para que exerzan como embaixadores de Padrón nas rutas xacobeas.
El Correo Gallego
A Fundación Rosalía de Castro acolle hoxe en Padrón a quinta edición do festival ‘Abride a Fiestra’, coincidindo co día no que se cumpren 138 anos do pasamento da autora. O evento acollerá diferentes manifestacións culturais das que Rosalía será a figura central. Entre os protagonistas do evento están Xisco Feijoo, AldaoLado, Antón Reixa, Xurxo Souto, Olga Novo e Moncha Fuentes, entre outros. A xornada da comezo ás 11 da mañá e ata media noite acollerá máis dunha vintena de actividades. Visitas guiadas pola Horta de Rosalía ou a Casa para crianzas, recitais e presentacións de libros son algunhas das posibilidades. Ademais haberá unha cata de viños a e unha degustación de vermú. Tamén haberá posibilidade de xantar na propia Horta da Casa da Matanza a partir das 14.00 horas.
Asimismo, para os máis pequenos haberá un espazo de brinquedos tradicionais, un obradoiro de brinquedos sonoros e un concerto de Ce Orquestra Pantasma. Durante todo o día na Casa de Rosalía haberá feira de produtos rosalianos, un espazo de brinquedos tradicionais, e un pianista residente ao Piano de Rosalía. Esta edición do ‘Abride a Fiestra’ rematará coa observación da estrela Rosalía de Castro canda a Agrupación Astronómica Ío, para a que se recomenda levar primáticos.
El Correo Gallego
El empresario compostelano José Sierra, fundador de Urovesa, recibió ayer el premio Empresario Galego do Ano en el marco de la jornada O Encontro 2023, organizada por el Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia (Cesuga) en A Toxa.
La conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, destacó al entregar el galardón el legado de Sierra al frente de una empresa que consolidó como referente en el sector del diseño y construcción de vehículos todoterreno civiles y militares tras más de cuatro décadas.
La conselleira también subrayó que Urovesa tiene como constantes la necesaria evolución y la excelencia en el trabajo, por lo que apuesta por invertir en I+D+i y en tecnologías punteras que parten de la inteligencia artificial para mejorar los productos y los procesos de fabricación. Lorenzana destacó asimismo la cultura y los principios exclusivos de las empresas familiares.
La Voz de Galicia
Os Campionatos Galegos Infantil e Cadete de Esprint concentraron a atención do groso dos equipos galaicos de piragüismo a pasada fin de semana. Dúas citas con nome propio, o do Náutico de Pontecesures, campión da clasificación xeral feminina por equipos tanto na categría infantil, con 282 puntos, co Piragüismo Illa de Arousa terceiro con 202, tras o E.P. Ciudad de Pontevedra (275; como na cadete con 219.
La Voz de Galicia