Nota íntegra do goberno local de Pontecesures sobre as acusacións do BNG en canto á feira do automóbil.

NOTA DO GOBERNO LOCAL DE PONTECESURES

Ante a nota publicada nos medios de comunicación no día de hoxe, con acusacións graves contra este goberno xa que se nos acusa de boicotear a Feira de Automóbil Clásico a celebrar a vindeira fin de semana organizada pola asociación ??Mirándolle os Dentes?, queremos contestar o seguinte:

1-Comezaron as obras do FEIL pola praza do monumento ao ??Coche de Pedra? por seren a única zona das rúas centrais non afectada por servizos de Gas Galicia, Unión Fenosa ou Telefónica. Era necesario comezar a actuación canto antes, pois os prazos de execución das obras deste Fondo Estatal son limitados. Coa obra en curso e xa na rúa Sagasta se está a coordinar cos titulares dos servizos as actuacións a realizar para que non afecten aos mesmos a aos seus usuarios (incluso con soterramento de cableado eléctrico.). Tamén podería comezar a obra da Plazuela pero neste caso estaba pendente a cuestión da autorización de Patrimonio.

2-Está perfectamente informada desta circunstancia a asociación organizadora do evento, que coñece as razóns técnicas cando se lle contestou en relación coa petición de autorización para a celebración dos actos en todo ó que atinxe a terreos municipais.

3-Por suposto, os días da feira deixarase o máis amplo espazo posible para a celebración dos actos. Así mesmo, quedará a zona de obras perfectamente sinalizada.

4-Non queremos entrar en polémica con ninguén en relación coa feira. O concello colabora en cuestións de policía local, protección civil e outras como a autorización para utilizar un pedestal de titularidade municipal. Naturalmente desexamos que o evento teña o maior dos éxitos.

5-Trata o BNG de Pontecesures de enredar e de facer política coa feira. Este goberno nin boicotea nin ten porque vingarse de ninguén. Da a sensación que teñen sempre na cabeza o ocorrido en moitas ocasión cando o alcalde anterior presidía a corporación que sería, sen dúbida, quen para adoptar decisións para prexudicar calquera iniciativa de persoas que non lle foran afíns. Claro que o ex alcalde adoptaba prácticas totalmente rexeitables e antidemocráticas de ??ordeno e mando? (a prohibición de utilizar a fotocopiadora aos membros da oposición, as presións sobre a asociación de Protección Civil retirándolle o vehículo, a condena na Xustiza por presionar a traballadores nas eleccións sindicais, o cambio de pechaduras para que non entraran nas oficinas membros do seu goberno, etc?) Que estén tranquilos agora os nacionalistas. Estas pácticas foron erradicadas.

6-Non é ningunha sorpresa a cualificación dos nacionalistas respecto a feira do automóbil antigo e de ocasión organizada polo concello. Todos coñecemos o seu posicionamento e porque está escorado o BNG . Por iso non imos entrar en máis discusión. Tan só dicir que estamos satisfeitos do noso evento.

Pontecesures, 10 de maio de 2009

Miguel Piñeiro ganador del concurso de pesca de A Estrada.

Capturan dos salmones en el concurso de pesca de A Estrada

La trigésimo tercera edición del concurso de pesca del salmón organizado por la sociedad deportiva Río Ulla se cerró con dos capturas. Las dos fueron realizadas en la jornada de ayer, después de que el sábado se cerrase sin ninguna. El vencedor del concurso fue, finalmente, Miguel Piñeiro al lograr pescar un ejemplar de 4,5 kilos de peso, frente a los 4,1 kilos de la pieza que sacó de las aguas el estradense Manuel Calvo. Ambos consiguieron su salmón en el coto de Sinde.
El más madrugador a la hora de pescar fue Manuel Calvo. En los primeros lances de la mañana, nada más darse el pistoletazo de salida, a eso de las nueve y cinco sacó el ejemplar de 4,1 kilos. Por su parte, Miguel Piñeiro consiguió su captura cuando ya se había sobrepasado la hora de concurso en la jornada de tarde. Anoche, el colectivo que preside José Manuel Señoráns, entregaba en la playa fluvial de Río Ulla los premios al ganador de este certamen.

LA VOZ DE GALICIA, 11/05/09

II Trofeo de Dardos Concello de Pontecesures e Campionato Galego de Dardos por parellas.

Venres 5 de Xuño – a partir das 22.00h

Play Off da zona Sar – Ulla.  con 1000? en premios e 200 Trofeos.

Sábado 6 de Xuño – a partir das 17.00h

II Trofeo Concello de Pontecesures. Trofeo mixto e feminino. Partidas gratis, máquinas abertas para xogadores con carnet Fegade. Todos os participantes terán trofeo.

Domingo 7 de Xuño – a partir das 17.00h

Campionato Galego de Dardos por parellas. Copa Graüner.

250? + trofeo 1º clasificado

150? + trofeo 2º clasificado

100? + trofeo 3º clasificado

Trofeos de plata ata o posto 16º por conta de Graüner

A continuación entrega de premios e Trofeos de man da Sra. Alcaldesa de Pontecesures.

Inscripción no Campionato Galego por Parellas:

Inscripción de 10? / parella

Teléfonos: 676 201 024 ou 657 903 064

Pago anticipado no Café Bar Choco, Porto ou no nº de conta: 0075 8997 85 0700491791 (Banco Popular ou Banco de Galicia) Ref: Dardos e nome dos integrantes da parella.

«Mirándolle os dentes» presenta este martes Fegaclasic que se celebrará el 16 y 17 de mayo en Pontecesures.

La asociación cultural Mirándolle os dentes ha organizado para este martes un acto de presentación de la Feira Galega do Automóbil Clásico que se va a celebrar en Pontecesures los días 16 y 17 de mayo. El acto está abierto al público y se celebrará a las 19.30 horas en el restaurante Olivo, de esta localidad.
La organización tiene ya confirmada la asistencia a la feria de medio centenar de participantes que utilizarán este escaparate para exponer y realizar compra venta de vehículos y de piezas. Será la segunda feria del automóvil que se celebrará en el municipio en menos de dos meses, después de la que organizó el Concello en el mes de abril.

LA VOZ DE GALICIA, 10/05/09

El Bloque cesureño acusa al Concello de «torpedear» la Feira do Automóbil haciendo obras en el recinto.

El grupo municipal del BNG de Pontecesures acusa al Concello de tratar de «boicotear» la Feira Galega do Automóbil Clásico, que se va a celebrar los días 16 y 17 de mayo. Y lo harían, según el análisis de los nacionalistas, inundando de obras los terrenos situados en la zona portuaria donde se va a celebrar este evento.
El BNG alude a las obras de mejora de aceras que se están ejecutando con cargo al Plan E (Fondo Estatal de Inversión Local). «Para sorpresa do noso grupo, as obras comenzan na intersección das rúas Sagasta, San Lois e Travesía do Muelle, nas inmediacións do monumento ás feiras do automóbil. Para nós o máis normal e lóxico é que estas obras comezasen desde as rúas Portarraxoi ou Víctor García hacia o centro, non habendo, ao noso entender, ningunha razón técnica que xustifique facelo desde o centro hacia fora», explican los nacionalistas.
El Bloque recuerda que es precisamente en el espacio aledaño al Coche de Pedra el elegido por la asociación Mirándolle os dentes para ubicar su feria del automóvil «tendo constancia de que a asociación ten autorización por escrito do Concello para o uso deste espazo».
«Evidentemente, dada a magnitude destas obras, non estarán rematadas antes do 16 de maio e a zona estara intransitable e en pésimas condicións para calquera celebración, e aquí é onde vemos o motivo polo que se comezaron neste punto as obras, que non é outro que torpedear desde o goberno municipal a celegración da Fegaclasic, polas desavenencias que algúns membros deste goberno tiveron coa asociación Mirándolle os dentes», añade el BNG.
El grupo responsabiliza de esta situación a la alcaldesa Maribel Castro y al concejal de Obras, Rafael Randulfe, al quienes acusan de tener una actitud «revanchistas».

LA VOZ DE GALICIA, 10/10/09

O «desgoberno» boicotea a feira do automóbil. Nota íntegra do BNG de Pontecesures.

Estánse a levar a cabo no concello de Pontecesures as obras de mellora de beirarrúas no centro do pobo con cargo aos fondos do FEIL (Fondo Estatal de Inversión Local para o emprego). Para sorpresa do noso grupo as obras comezan na intersección das rúas Sagasta, San Lois e Travesía do Muelle, nas inmediacións do monumento ás ferias do automóbil (O Coche de Pedra); consistindo estas no levantamento das beirarrúas incluído o levantamento de toda a plaza do Coche de Pedra e na apertura de zanxas.
Para nós o máis normal e lóxico e que estas obras comezasen dende as rúas Portarraxoi ou Víctor García hacia o centro, non habendo, ao noso entender, nengunha razón técnica que xustifique facelo dende o centro hacia fora.
Nembargantes, vemos que se acerca a feira do automóbil FEGACLASIC organizada pola asociación Mirándolle os Dentes os vindeiros 16 e 17 de maio. Precisamente esta asociación ten previsto a utilización deste espazo aledaño ao Coche de Pedra, entre outros, para a celebración deste evento ca colocación de automóbiles e motos clásicos, tendo constancia o noso grupo de que a asociación ten autorización por escrito do concello para o uso deste espazo.
Evidentemente, dada a magnitude destas obras, non estarán rematadas antes do 16 de maio e a zona estará intransitable e en pésimas condicións para calquer celebración, e aquí é onde vemos o motivo polo que se comezaron neste punto as obras, que non é outro que torpedear dende o goberno municipal a celebración da FEGACLASIC polas desavenencias que algúns membros deste goberno tiveron ca asociación cesureña Mirándolle os Dentes usurpándolle a organización da Feira do Automóbil de Ocasión e encargándolle esta a unha empresa de Vigo por unha descomunal cantidade de euros.
Dende o goberno municipal, despois do estrepitoso fracaso da ??súa? feira do automóbil aínda que algúns non o queiran ver, intentan boicotear a FEGACLASIC sexa como sexa e agora ocórreselle iniciar as obras do FEIL coincidindo en datas e lugares con esta feira.
Para o BNG esta extrana coincidencia é fruto dunha actitude revanchista da que responsabilizamos directamente á alcaldesa Maribel Castro e ó concelleiro de obras Rafael Randulfe, e temos que reiterar que as actitudes dos membros do goberno municipal nos seguen a recordar tempos pasados de autoritarismo e caciquismo no noso pobo.

Pontecesures, 8 de maio de 2009

GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE PONTECESURES