• Ir a navegación principal
  • Ir al contenido principal
  • Ir a la barra lateral primaria

Pontecesures

Web non oficial de Pontecesures

  • Inicio
  • Como Colaborar
  • O Concello
  • Cómo Chegar
  • Normas de Uso
  • Legal
  • Entrar
Usted está aquí: Inicio / Concello / O «desgoberno» boicotea a feira do automóbil. Nota íntegra do BNG de Pontecesures.

O «desgoberno» boicotea a feira do automóbil. Nota íntegra do BNG de Pontecesures.

10-05-2009 por Luis Angel Sabariz Rolán Dejar un comentario

Estánse a levar a cabo no concello de Pontecesures as obras de mellora de beirarrúas no centro do pobo con cargo aos fondos do FEIL (Fondo Estatal de Inversión Local para o emprego). Para sorpresa do noso grupo as obras comezan na intersección das rúas Sagasta, San Lois e Travesía do Muelle, nas inmediacións do monumento ás ferias do automóbil (O Coche de Pedra); consistindo estas no levantamento das beirarrúas incluído o levantamento de toda a plaza do Coche de Pedra e na apertura de zanxas.
Para nós o máis normal e lóxico e que estas obras comezasen dende as rúas Portarraxoi ou Víctor García hacia o centro, non habendo, ao noso entender, nengunha razón técnica que xustifique facelo dende o centro hacia fora.
Nembargantes, vemos que se acerca a feira do automóbil FEGACLASIC organizada pola asociación Mirándolle os Dentes os vindeiros 16 e 17 de maio. Precisamente esta asociación ten previsto a utilización deste espazo aledaño ao Coche de Pedra, entre outros, para a celebración deste evento ca colocación de automóbiles e motos clásicos, tendo constancia o noso grupo de que a asociación ten autorización por escrito do concello para o uso deste espazo.
Evidentemente, dada a magnitude destas obras, non estarán rematadas antes do 16 de maio e a zona estará intransitable e en pésimas condicións para calquer celebración, e aquí é onde vemos o motivo polo que se comezaron neste punto as obras, que non é outro que torpedear dende o goberno municipal a celebración da FEGACLASIC polas desavenencias que algúns membros deste goberno tiveron ca asociación cesureña Mirándolle os Dentes usurpándolle a organización da Feira do Automóbil de Ocasión e encargándolle esta a unha empresa de Vigo por unha descomunal cantidade de euros.
Dende o goberno municipal, despois do estrepitoso fracaso da ??súa? feira do automóbil aínda que algúns non o queiran ver, intentan boicotear a FEGACLASIC sexa como sexa e agora ocórreselle iniciar as obras do FEIL coincidindo en datas e lugares con esta feira.
Para o BNG esta extrana coincidencia é fruto dunha actitude revanchista da que responsabilizamos directamente á alcaldesa Maribel Castro e ó concelleiro de obras Rafael Randulfe, e temos que reiterar que as actitudes dos membros do goberno municipal nos seguen a recordar tempos pasados de autoritarismo e caciquismo no noso pobo.

Pontecesures, 8 de maio de 2009

GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE PONTECESURES

Archivado en:Concello, Política Etiquetado con:alcaldesa, BNG, Concello, fegaclasic, Maribel Castro, obras, plaza, Pontecesures, Randulfe, Vigo

Interacciones con los lectores

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Barra lateral primaria

Entradas recientes

  • ARRANXOS NO EDIFICIO DA ESCOLA INFANTIL
  • RESOLUCION LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS EXCLUIDOS/AS NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DO CONCELLO DE PONTECESURES
  • ESTUDO TOPOGRÁFICO EN REDONDO E NA TARROEIRA POR PARTE DE XESTUR GALICIA.
  • VISITA DO DELEGADO DA XUNTA EN PONTEVEDRA
  • CAMPAÑA DE TRAMPEO CONTRA A VESPA VELUTINA EN PONTECESURES

Comentarios recientes

  • María Isabel Alvariño Cousiño en CURSOS DE FORMACION DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA «LABORA 2020».
  • Niño de raza loba en FINALIZACION DA OBRA «CARA A RIA»
  • Antonio en «¡Que nos levanten este arresto!», grito unánime en Pontecesures.
  • O AMANTE BILINJUE en «¡Que nos levanten este arresto!», grito unánime en Pontecesures.
  • José María en DATOS COVID EN PONTECESURES PUBLICADOS HOXE LUNS 8 DE MARZO

Ligazóns

  • A. C. Xarandeira
  • Adriana Ghaiteira
  • Apuntes de Modelismo
  • BNG Pontecesures
  • Desarrollo empresarial en el medio rural de la comarca de caldas.
  • Dr Zippie
  • El show de los payasos
  • Federación Galega de Dardos (FEGADE)
  • FEGACLASIC
  • Foro da Ponte
  • Furia Athletic Club
  • Horarios Renfe
  • Hotel a Casa do Río
  • Manuel Doce
  • Parroquia de San Xulián de Pontecesures
  • paxina blog do CB Rio Ulla
  • Porto en Pontecesures
  • PP de Pontecesures
  • Pub Komplo
  • Socialistas de Pontecesures
  • Web do concello

Nube de etiquetas

Catoira Caldas obras plaza tren fiesta iglesia n-550 Porto concurso Concello Ulla Vilagarcía valga pleno santiago festa Angueira Maneiro padrón Campaña Pontevedra ACP sábado Vigo sar faro de vigo Pontecesures Historia fin de semana correo gallego lamprea pp fútbol sabariz Diario de Arousa tripartito xunta a ponte la voz de galicia curso río ulla psoe BNG protección civil

© 2021 · Desde 2005 manteniendo informados a los cesureños