Basket Río Ulla
BALONCESTO: HORARIOS DESTA FIN DE SEMANA DO EXTRUGASA RIO ULLA
Extrugasa sesior 2008-09
SENIOR ZONAL
Domingo as 17.30 h. en Pontecesures contra Ribadumia. Rematarán os 12 minutos e 35 segundos que faltan deste partido suspendido no seu momentopor humidade na pista.
Domingo as 18.30 h. en Pontecesures contra Pub A Leria – Cambados. A continuacion, o equipo xoga o partido da xornada, contra un equipo co que nos decidimos quen evita o descenso. Un dos 2 equipos: Cambados ou o Extrugasa salvarase a costa do outro, e o outro descenderá xunto con Pontevedra, pois para que Pontevedra se salvase e descenderan Cambados e Extrugasa tería que darse unha combinacion moi improbable.
En caso de gañar ó Cambados teríamos 2 victorias mais, e si é por mais de 11 puntos teríamos tamen o «basketaverage». Gañando os 2 estaríamos matematicamente salvados, polo que esta é a xornada clave para intentar evitar o descenso.
INFANTIL MASCULINO
Sabado as 12 en Pontevedra contra o CB Pontevedra. Partido moi igualado a priori no que os nosos se xogan estar nos postos de arriba.
ALEVINS
Sabado as 16.30 h. en Pontecesures, contra o CB Meco de O Grove. Deberían de impoñerse os nosos nenos/as sen problemas.
INFANTIL FEMENINO
Sabado as 17.45 h. en Pontecesures, contra o CB Meco de O Grove. Partido moi igualado, onde as nosas nenas teñen unha oportunidade de demostrar que progresaron na temporada.
CADETE MASCULINO
Sabado as 19.45 h. en Pontecesures, contra o Estudiantes de Pontevedra. Os retos para o noso equipo neste partido son saber por canto se vai gañar e si se chega ós 100 puntos.
Concello
Obxectos substraídos hoxe na biblioteca.
1 ordenador completo de uso interno, decoñecéndose na actualidade marca e modelo. Este ordenador posúe datos personais dos susuarios da biblioteca, aproximadamente unhas 400 persoas (maiores e menores de idade).
2 pantallas de plasma, 2 teclados e dous ratos, descoñecéndose marca e modelo.
1 impresora epson styllus d-4400
1 scáner
2 CPU
1 estufa eléctrica de calor azul.
Descoñecese o valor, pero o concello ten seguro para cubrir este sinistro.
Concello
?ltima hora: Roubo na biblioteca municipal de Pontecesures.
Foi nesta pasada madrugada. Forzando unha ventá traseira do edificio situado na rúa Raimundo García Domínguez «Borobó», os ladróns entraron no inmoble, levándose varios equipos informáticos (o principal da biblioteca coa impresora, e outros dos que utilizan os usuarios de «Internet nas bibliotecas»), e unha estufa. Ademais causaronse danos na ventá e na contraventá.
Estase a avaliar agora o custo do material substraído que pode ser importante, e hai que ter en conta a prexuizo que pode causar a perda de ficheiros dos usuarios da biblioteca, que é fundamental para a retirada e consulta dos fondos da mesma.
Arestora, axentes da Garda Civil de Valga están a realizar a inspeción ocular das instalacións logo de presentarse a correspondente denuncia.
? a cuarta ou quinta vez que asaltan a biblioteca municipal de Pontecesures, nos seus 25 anos de historia.