Crítica de TeGa de Pontecesures ós actos paralelos de Padrón á Festa da Lamprea

Dende o grupo municipal de TeGa de Pontecesures queremos expresar o noso total rexeitamento ós actos que o Concello de Padrón quere realizar co nome de «Padrón, sabor a lamprea». O noso grupo considera unha falta de respecto ó Concello de Pontecesures a celebración de ditos actos xa que o que buscan é competir coa exaltación da Festa da Lamprea do Rio Ulla que xa dende fai vinte anos se ven desenrolando en Pontecesures.

Respetando a liberdade de xestión dos concellos, non vemos razoable que un concello limítrofe e ??amigo? faga unhas xornadas paralelas á XX Edición da Festa da Lamprea. Nos preguntamos que lle parecería ó Concello de Padrón que o primeiro sábado de agosto se celebrase en Pontecesures unhas xornadas gastronómicas sobre o pemento de Herbón ou ben que o domingo de Pascua, Pontecesures celebrase una verbena coas mellores orquestas de Galicia.

Tamén queremos resaltar os comentarios da oposición cesureña, que en vez de criticar estes actos paralelos en Padrón, alégranse e se dedican a descalificar ó gobernó de Pontecesures como si este fose culpable da realización dos actos en Padrón.

Non entedemos o comentario do portavoz do P.P. de Pontecesures, Sr. Seaje, nas redes sociais de ??Padrón 1- Pontecesures 0?. Parece que este señor se alegra de que Padrón nos faga a competencia. ¿Non será que como é nativo do Concello de Padrón inda lle queda a morriña do seu pobo de nacemento?. Se isto é así debería presentarse ás eleccións en Padrón e non en Pontecesures.

Mais graves son as declaracións do portavoz de A.C.P., Sr. Sabariz, que dí: «A menos dun mes da celebración da edición deste ano, aínda non sabemos nada sobre os actos festivos». «O goberno local de Pontecesures, como sempre, espera a última hora para facer pública a programación», y mientras en Padrón ya presumen de programa, «na capital da lamprea da comarca aínda non sabemos nada». Con estes comentarios o Sr Sabariz non merece máis que a consideración de demagogo e bocachanclas, como ven facendo dende que está en política. Este señor non debe lembrar as datas de presentación da Festa da Lamprea na súa etapa de goberno como Tenente Alcalde dende 2007 ata 2011. Pois ben, a Festa da Lamprea do ano 2008 foi o 6 de abril e a presentación da festa fíxose o día 1 de abril, 5 días antes; a Festa da Lamprea do ano 2009 foi o 5 de abril e a presentación da festa fíxose o 28 de marzo, 8 días antes; a Festa da Lamprea do ano 2010 foi o 18 de abril e a presentación da festa fíxose o 9 de abril, 9 días antes; e a Festa da Lamprea do ano 2011 foi o 10 de abril e a presentación da festa fíxose o 30 de marzo, 11 días antes. E agora ven este señor coa súa demagoxia barata criticando que un mes antes da festa non se saiba nada. Non se preocupe vostede Sr. Sabariz, este ano sí haberá festa inda que a vostede quizá lle gustara máis que non se fixera.

 

Angel M. Souto Cordo

Portavoz TeGa de Pontecesures.

Hoxe xoves 26 de febreiro a orquestra PONTEVEDRA visitará o programa PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA 107.9 FM

Este xoves á noite (de 20h ata as 5 da madrugada) en Palco de Estrelas-Radio Valga 107.9 FM, o programa máis festeiro de Galicia, estarán en directo con Daniel Seijas os compoñentes da orquestra Pontevedra…e coma sempre haberá concursos, chamadas dos ointes, información festeira, humor e o que lle cadre.

Tamén podese escoitar online por internet dos seguintes xeitos :

http://www.radios.com.br/aovivo/Radio-Valga-107.9-FM/26434

http://www.raddios.com/4322-radio-valga

www.radiovalga.net/
ou no teu móbil descargada algunha destas 4 app´s : radios.net , tunein, radiovalga ou radio.es

afiche pontevedra 2014http://

Hoxe xoves a orquestra GRAN PARADA estará en PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA 107.9 FM

10924698_1014367728576851_3189841163734173997_n

Hoxe xoves á noite, no programa das orquestras galegas «Palco de Estrelas» (dende as 20h. ata as 4 ou 5 da madrugada), estarán en directo con Daniel Seijas os compoñentes da orquestra Gran Parada de Rianxo. Ademais coma sempre haberá concursos, chamadas en directo, antroidadas, axenda festeira, os santiños, información metereoloxica e moito máis!
Escoitanos tamén por internet dos seguintes xeitos :

http://www.radios.com.br/aovivo/Radio-Valga-107.9-FM/26434

http://www.raddios.com/4322-radio-valga

http://www.radiovalga.net/
ou no teu móbil descargada algunha destas 4 app´s : radios.net , tunein, radiovalga ou radio.es

OBRAS DO PPOS (PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS) 2015

O concello de Pontecesures ven de solicitar á Deputación de Pontevedra duas obras do P.P.O.S. 2015:

1º) ACTUACI?N DE MELLORA E ADECUACI?N DE CADROS NA INSTALACI?N DE ILUMINACI?N P?BLICA

O Concello de Pontecesures precisa levar a cabo unha actuación de mellora dos cadros eléctricos da súa instalación de iluminación pública, para dotalos de maior seguridade e eficiencia.

A actuación consistirá na renovación dos cadros que se atopan en peor estado, un total de 15 cadros eléctricos.

Actualmente, boa parte dos cadros da instalación de iluminación pública atópanse moi desfasados, con aparellos antigos, algúns estropeados e, sobre todo, con poucos elementos de seguridade.

1

2

3

 

As obras consistirán na instalación, segundo as necesidades de cada cadro, de:

– Interruptor diferencial rearmable

– Interruptor con reloxo astronómico

– Instalación de toma de terra

– Interruptor magnetotérmico xeral

– Interruptor magnetotérmico para liñas de saída

– Contactor trifásico

Ademais destes compoñentes dos circuitos eléctricos, nalgúns casos haberá que cambiar a estrutura en sí dos cadros (os armarios e as placas de montaxe).

Ascende o presuposto xeral por contrata (IVE incluído) á cantidade de 20.703,10 ? (vinte mil setecentos tres euros con dez céntimos).

 

2º) ACTUACI?N DE ASFALTADO NAS R?AS CAMI?O DE SAN XULIÁN, R?A MIGU?NS PARRADO E R?A CANTILLO.

 O Concello de Pontecesures pretende levar a cabo unha actuación de mellora do firme en tres rúas municipais, actuacións necesarias para conservar e mellorar o funcionamento e a seguridade dos viais sobre os que se vai actuar.

A obra consistirán na execución dunha nova capa de rodadura, xa que a actual atópase en mal estado. Actualmente, os viais nos que se pretende realizar unha actuación de mellora contan cun firme asfáltico deteriorado, con moitas fochancas e co asfalto disgregado polo seu uso e antigüidade.

CAMI?O DE SAN XULIÁN

4

5

R?A MIGU?NS PARRADO

6

7

 

R?A CANTILLO

8

9

 

Como se pode apreciar, todos os camiños contan actualmente con pavimento asfáltico en mal estado, e en todos os camiños atopamos numerosas tapas de arquetas, especialmente en Miguéns Parrado e San Xulián.

As obras consistirán, maioritariamente, na aplicación dunha nova capa de rodadura sobre a existente. Para isto, na rúa Cantillo deberase previamente limpar as marxes e o asfalto actual. No caso de San Xulián e Miguéns Parrado, será preciso facer previamente un fresado do asfalto actual, xa que existen numerosas entradas de garaxes e vivendas que xa están ao nivel actual da calzada, e tamén hai zonas onde o asfalto xa está ao mesmo nivel ou incluso máis alto que a beirarrúa. Ademais, tendo en conta o gran número de tapas de pozos e arquetas existentes, economicamente tamén resulta aconsellable proceder ao fresado e non ter que adaptar as tapas á cota final do novo asfalto.

Na rúa Cantillo, onde non se prevé fresado, sí que será preciso axustar a cota das tapas das arquetas existentes ao nivel final do novo asfalto. O asfaltado realizarase cunha capa de 5 cm de mestura bituminosa en quente, tipo D-12, incluído o rego de adherencia. Nas zonas ampliadas o asfaltado realizarase sobre unha capa de zahorra artificial.

Ascende o presuposto xeral por contrata (IVE incluído) á cantidade de 50.457,57 ? (cincuenta mil catrocentos cincuenta e sete euros con cincuenta e sete céntimos).