Inicio das competicións de Baloncesto Benxamín

A categoría Benxamin, de idades comprendidas entre 7 a 9 anos empezou esta fin de semana. En concreto o Extrugasa acudiu á concentración celebrada en Cambados donde participou con 2 equipos: o «Extrugasa Cesures» e o «Extrugasa Valga», integrado cada un deses equipos por nenos/as das respectivas escolas de baloncesto.

En Cambados enfrentaronse cada un dos nosos equipos a 2 equipos: do Xuven de Cambados, e do CB. Grove.

Indicar que son partidiños de 4 contra 4, ó ancho da pista, celebrandose 2 partidos á vez. Dura 2 partes de 15 minutos a reloxio corrido e non se leva o marcador, nin hai un gañador oficial.

Celbrarase unha concentación mensual (7 ó longo da tempada), e probablemente en decembro sexa o noso club quen organice dita concentración, á que acude numeroso público entre familiares e membros doutros equipos. 

[photopress:100_0114_web.JPG,full,centered]
Extrugasa Valga

[photopress:100_0115_web.JPG,full,centered]
Extrugasa Cesures

OS TIROS LIBRES CONDENAN A UNHA NOVA DERROTA DO EXTRUGASA DIANTE DO LIDER LAXE MARIN: 52 -53

EXTRUGASA RIO ULLA = 52

Gulli (5), Peñaño (7), Pedrito (8), Victor (-),Pedro (3), Nacho (15), Santi (-), Arturo (6), Pepi (6), Juanjo (2) .

LAXE MARIN = 53

Partido que tiña que disputarse en Marín, pero por petición deles, cambiouse a orden dos encontros. A mala sorte persegue ó Extrugasa, pois outra vez prantou cara en todo o partido, neste caso a todo o Laxe Marín, gañador das ultimas 2 ligas, e outra vez perderon os do Extrugasa, e neste caso si vale o de ??no ultimo segundo?, pois quedando menos, 0.6 decimas Peñaño tivo 2 tiros libres para empatar o encontro anotando o primeiro e errando no 2º. Con esta derrora, e as victorias de Cambados e Pontevedra, o Extrugasa está situado por 1ª vez en postos de descenso, ó igual que o Vilanova.

 

? contrario que outras veces o Extrugasa saiu mentalizado, e foi Pedrito con 2 triplas o que lle dou as primeiras diferencias, minimas (6-5) ós locais. O Extrugasa defendeu moi ben ó lider en defensa individual os 40 minutos, e en ataque os pivots locais sobre todo Nacho, empezaron a sumar, o que lles permitiu chegar ó final do cuarto 14 -11 para os cesureños.

 

No 2º cuarto seguen os pivots locais mantendo ó Extrugasa por diante (min 13: 20 ?? 18). Pero uns minutos de erros supoñenlle encaixar un parcial de 0-7 que distanciaba ós marinenses (min 16: 20 ?? 25)Achegase o Extrugasa 23 ?? 25, pero xa no final do cuarto 2 triplas do nº 15 de Marin permitenlle chegar ó descanso gañando por 5: 26 ?? 31.

 

Sae en zona 2 -3 Marin, e o Extrugasa move ben por fora, pero abusa do tiro exterior, sen ver os pases adentro. Si acerta Peñaño con 2 triplas que manteñen  (min 24: 34 ?? 38) o Extrugasa cerca no marcador. Unha tripla de Gulli deixa o marcador ó final do 3º cuarto nun 38 ?? 41 para os visitantes.

 

Iniciase o derradeiro cuarto con Nacho e Peñaño no banco descansando, e parece que se vai Marin 41 ?? 47 no min . 33, pero Cachote cunha tripla achega o 44 ?? 47. Logo aparece Pepi que anota unha canasta e posteriormente 1 tiro libre, empatando o encontro a 47. Nacho empataría uns ataques despois a 49 quedando pouco mais de 2 miutos. O nº 15 de marin anota unha tripla con 2 defensores punteando (49 ?? 52). No seguinte ataque nacho converte o 1º tiro libre, errando o 2º, pero Pepi faise cun importante rebote. Novo balon a Nacho que volve a ter 2 tiros libres, errando 1 deles (51-52). Recupera o Extrugasa en medio campo, fallando peñaño unha entrada con 6 segundos, e no rebote falta. Quedaban menos de 3 segundos  e o xogador de Marín que mete o primeiro (51-53), lanzando a errar o 2º, como fai. Balón que colle nacho e pasa a peñaño, que recibe unha falta en campo propio quedando 0.6 decimas, e anota o1º para fallar no definitivo.

Á falta de 3 partidos para rematar a 1ª volta, estes van ser contra os 3 equipos de abaixo, visitando Pontecesures par a semana Vilanova, probablemente sábado a ultima hora da tarde, e logo Pontevedra.

Por precaución, a Xunta solicitou que non se bombee auga do río Ulla para o subministro a Pontecesures.

Na noite do pasado venres, houbo un vertido duns 5.000 litros de aditivos de formigón ó río Toxa (Silleda) afluente do Ulla. A Consellería de Medio Ambiente comunicou ao concello que non se bombease auga dende a Barca para o subministro de Pontecesures por precaución, aínda que anunciou que o vertido estaba controlado e non chegara o producto contaminante ó río Ulla.
Estase a utilizar, ata o de agora, auga procedente dos pozos do monte, e esta incidencia non afectou ó subministro.

Miguel Piñeiro: «A miña paixón pola lamprea herdeina do meu pai, Piñeiro Ares».

Miguel Piñeiro Moure é xornalista e escritor pero ante todo, pescador. Nado en Catoira, a súa actividade profesional na radio comeza en 1983 como locutor en varias emisoras. Na actualidade, desenvolve a súa actividade na Radio Galega onde presenta un programa cada sábado sobre a súa actividade favorita: a pesca. Á marxe da súa profesión, Piñeiro ten colaborado con varios medios de comunicación ou escritos, non só de Galicia, para tratar diversos aspectos do mundo dos ríos.

Pero a súa actividade non está concentrada só nos medios de comunicación senón que tamén realiza conferencias en varias sociedades de pesca galegas para dar a coñecer mellor a actividade da pesca. As súas publicacións están case todas relacionadas coa arte, aínda que tamén tivo un oco á luz unha obra sobre o mítico xogo do «Mus» ou do pintor padronés «Carlos Bóveda».

Ao longo sa súa carreira tamén ten recibido varios galardóns, entre os que destacan o Premio Galicia de Xornalismo Deportivo da Federación Galega de Prensa Deportiva en 2005 ou a Insignia de Prata da Asociación de Pescadores da Ulloa, en 2007. Onte presentaba no «Chef Rivera» de Padrón, a súa derradeira publicación: «Lampreas e pesqueiras: historia, artes de pesca e receitario».

¿Como empeza o sue amor pola pesca?
Sendo de Catoira e vivindo case toda a miña vida entre Cesures e Padrón, e sendo fillo de pescador é lóxico que me dese por aí.

¿Como e cando se especializa no jxornalismo de pesca?
A primeiros dos noventa comecei a colaborar con revistas e medios especializados en pesca froito de congresos e reunións con xornalistas. Na Radio Galega puxen en marcha, pouco despois, no 93, o programa de pesca fluvial.
Intensifiquei a miña participación en medios e logo tiven a sorte de que Ediciones Tutor de Madrid me propuxera que escribira algo sobre o tema.
Tamén debo indicar que hai quen pensa que vivo da pesca e isto non é certo, eu vivo do xornalismo por iso pertenzo á plantilla da Radio Galega.

Á marxe da pesca, ¿hai algunha outra cousa á que lle gusta adicar o tempo libre?. Dígoo sobre todo polo libro de mus que publicou hai uns anos…
Bueno, eu na pesca distinguiría pescar de escribir de pesca. ? dicir, pescar e o ambiente social da pesca é o meu pasatempo predilecto pero escribir libros de pesca é unha paixón como é o xornalismo de pesca. Este último levóume a fundar o Xornal Trueiro hai un ano.
E, en efecto, gústame moitísimo xogar ao mus, como tocar a batería (teño un tema de 1974).

¿Hai algun estilo de pesca que sexa o seu favorito?
Sen dúbida a pluma ou buldo. Nunca desboto botar unha culleriña, ou pescar á mosca seca coa cola de rata, pero o buldo…
¿Como empezou a interesarse pola lamprea, un peixe que está moi presente no río Ulla?
Bueno, a paixón pola lamprea, ven do meu pai, Xosé Piñeiro Ares, quen escribiu máis de cen artigos en prensa adicados a este singular peixe, e ademais a tradición familiar de varias xeracións na preparación da lamprea fixo o resto.

Para realizar este libro, ¿como conseguiu que os prestixiosos restauradores Ferrán Adriá e Juan María Arzak realizasen cadanseu prólogo?
Debo dicirche que ambos sse mostraron moi ilusionados cando lles pedín a súa colaboración. Para mín e toda unha honra e unha xustiza que se fai a este ciclóstomo. Para eles non teño máis que recoñecemento e agradecemento.

¿Como e que cambian as formas de pesca dependendo dos ríos?
No Miño e no Ulla se utiliza o butrón pero cambia a técnica e a colocación nas pesqueiras. No Tea se captura con fisga dende estacadas. Son tradicións de tantos séculos…

¿Como foi o traballo de recompilación de información para este libro e que tempo lle levou realizalo?
Ufff. Levo case sete anos de traballo coa recolleita de material documental porque seguirlle a pista á dcumentación histórica é un traballo lento, nada doado pola falla de inventarios, en fin que foi a peor parte. Imaxínate buscar información no Cabildo de Santiago, no de Tui, en mosteiros, en bibliotecas, en pazos…

¿Por que dicidiu incluír un receitario sobre a lamprea? ¿Que restauradores se prestaron a desvelar os seus segredos?
Porque a lamprea non se pode pescar a nivel deportivo senón a nivel profesional e tendo un tirón tan senlleiro na nivel gastronómico, o receitario era unha obriga. Nel colaboraron Pedro Subijana, Chef Rivera, Toñi Vicente, Miguel González Aguiar e varios restaurantes galegos. dende Arbo á Coruña, pasando por As Neves, Pontecesures, Valga, Catoira, Rois, Santiago…Algúns prestixiosos restauradores a nivel nacional declinaron participar por non teren lamprea na jsúa carta.

¿Ten algún proxecto de futuro a curto e medio prazo?
Varios. Estou dándolle voltas a un diccionario galego de pesca á mosca e a un libro sobre o salmón, pero me chama moito un proxecto de Alberto Torres no que me vou volcar plenamente.

Á marxe das publicacións tamén leva a cabo outras actividades de pesca, ¿cre que este mundo precisa de máis promoción? ¿Cal é a súa intención?
O mundo da pesca é un factor de dinamización social e económica do pais. En Galicia hai cen mil galegos con licenza de pesca de río e uns trinta mil con licenza de mar. ¿Alguén se parou a estudar a fortaleza económica da pesca deportiva?. Eu non o vou facer, a min cónstame.

Entrevista de Lidia M. Gallas Otero. Especial «Arousa, un mar de cultura».
DIARIO DE AROUSA, 23/11/08

Cambio en el horario de misas semanales de la parroquia cesureña.

El horario de las misas que se celebraban en la iglesia cesureña de lunes a viernes por las tardes, cambia para todo el período invernal. Hasta ahora se celebraban a las 19:30 horas, y a partir de mañana lunes, estos actos religiosos se celebrarán a las 19:00 horas.
También se adelanta el horario de la misa de tarde de los sábados. Hasta ahora era a las 18:30 horas y a partir ya del próximo sabádo día 29 de noviembre, la misa es a las 18:00 horas.