Danos do temporal: Cae unha árbore na rúa Pousa Antelo.

Sobre as 20 horas, caeu un abeto bermello (picea abies) por mor do forte vento, que arrincou a árbore dende a raíz, levantando un trozo de asfalto. Desplomouse a pranta sobre o terreo que hai entre a gardería e as antigas casa dos mestres, sen causar danos.

Outras incidencias foron, ata o de agora, as seguintes:
-Un piñeiro dunha finca particular desplomouse sobre o peche e sobre un camión estacionado no patio da casa situada en Tarroeira nº 5.
-Unha luminaria do alumeado público caeu en Carreiras.
-Unha das canastras da pista do peirao foise contra o valado, rompendo parte do mesmo.
-Varias tellas desprendéronse de tellados nas rúas Sagasta e Víctor García.
-Do semáforo da Avda. de Arousa desprendeuse un panel, quedando inutilizado.
-Derrubouse o valado dunha obra na rúa Sagasta.
-A barreira do paso a nivel de Porto-Devesa rompeu e agora hai luz bermella continuamente.

Arestora, persoal do Concello e de Protección Civil de Pontecesures, están a percorrer o termo municipal para actuar nestas emerxencias.

BALONCESTO: O TEMPORAL IMPIDE A CELEBRACION DE VARIOS PARTIDOS

Debido ó temporal destes dias, esta vindeira fin de semana apenas teremos partidos. Así, a humedade en forma de condensación afecta ás pistas e os pabellóns quedan inutilizados para a práctica deportiva, por riscos de esbaróns e caidas.

No caso do noso club quedaron suspendidos os partidos que mañá sabado ian xogar os cadetes e infantis, contra Estrada e Pontevedra, respectivamente. Tampouco poderán xogar os alevíns no Grove polo mesmo problema.

Neste momento mantense o partido senior contra o Motobazar de Vilagarcia, para mañá sábado as 20 h. en Fontecarmoa II, pabellón que logo das obras realizadas, apenas ten estes problemas.

Máis roubos: a pasada madrugada entraron no mesón «A Pía».

A pasada madrugada forzaron a porta traseira deste establecemento situado na rúa San Lois nº 23, entrando posiblemente polo camiño que parte da Plazuela. A persoa ou persoas descoñecidas destrozaron a caixa rexistradora que practicamente non tiña cartos, Además cunha banqueta romperon un par de estanterías, botellas e vasos de cristal. Canducho Campaña, que rexenta o mesón, presentou a correspondente denuncia.

Pontecesures remite un escrito a la Subdelegación pidiendo más vigilancia.

Los últimos robos registrados en la localidad «requieren más presencia policial», según el tripartito. Luis Sabariz considera que entre los hosteleros «hay preocupación».

El tripartito de Pontecesures elabora un escrito dirigido al Subdelegado del Gobierno en Pontevedra, Delfín Fernández Álvarez, con el propósito de solicitarle mayor presencia policial en las calles de la localidad, y más concretamente, con la esperanza de que patrullas de la Guardia Civil estén más presentes en la villa, espjecialmente durante la noche.
Esta es, como se esperaba, la consecuencia directa de los últimos robos registrados en la localidad, y también en el Concello vecino de Valga.
Los hechos «han desatado la preocupación» entre los hosteleros, según indica Luis Ángel Sabariz Rolán, concejal independiente en el tripartito que preside María Isabel Castro Barreiro.
«Esta preocupación nos lleva a escribir a la Subdelegación del Gobierno» pidiendo apoyo para garantizar la tranquilidad y la seguridad ciudadana.
En la Policía Local de Pontecesures confirmaron ayer que no se habían producido nuevos robos, tras los dos aludidos, y confirmaban también que «existe preocupación y cierta inseguridad entre los ciudadanos, que temen que estos hechos puedan repetirse».
Cabe puntualizar que los agentes municipales poco o nada pueden hacer, pues son sólo tres y no tienen posibilidad de realizar el servicio nocturno por lo que, de noche, la protección de los cesureños queda casi en manos de la Guardia Civil de Valga.

FARO DE VIGO, 23/01/09