Horarios dos trens que paran en Pontecesures, dende o 14/12/08.

SAÍDAS DIRECCI?N SANTIAGO:
06:40 Non circula nin sábados, nin domingos, nin festivos. (R-598)
08:32
10:59
14:23
17:04
20:03
21:37 Só circula os domingos, o 7 de xaneiro e o 24 de febreiro.
22:03 (R-598)
23:29 Non circula nin sábados, nin domingos, nin festivos.
23:46 Só circula os domingos.

SAÍDAS DIRECCI?N PONTEVEDRA:
06:07 Non circula nin domingos, nin festivos.
06:46 Non circula nin sábados, nin domingos, nin festivos (R-598)
07:58 (R-598)
10:43
13:42
16:46
20:10
21:17

En principio, normalidade na noite de fin de ano en Pontecesures.

Segundo os datos que se están a coñecer non houbo incidentes salientables na noite de fin de ano en Pontecesures. Tan só dicir, que nalgunha zona de Porto, non funcionaba o alumeado público esta madrugada. Poidera ser que alguén desactivara interruptores nos cadros na típica gamberrada, ou que houbera unha avaría.

Por outra banda, en Chanteclair esgotáronse as entradas en moitos momentos da noite (ían vendéndose entradas a xente que chegaba en función dos que abandonaban a sala). Foron despachadas unhas 4.800 entrada en total, segundo fontes da empresa.

El Sol y Mar no falla en el campeonato de veteranos de Valga.

El Cafetería Sol y Mar de Pontecesures continúa al frente de la clasificación del campeonato de futbito de veteranos de Valga después de ganar, aunque con más apuros de los previstos, al Benjamín Ramos (2-1). A Palmeira es segundo, con tres puntos menos. En esta jornada se impuso por tres goles a uno al Transporte Veiga/Bar o Belén.

Los demás resultados de la jornada fueron:

A Casa Vella 0, Elite Electricidad 2
Extrugasa 1; A Cacharela/ Karymo 8
Joyería Riveiro 1; Desigual 3
Bar Muelle 1: Valdeza 4.

BALONCESTO: PRIMEIROS PARTIDOS DO ANO 2009

Serán este sábado día 3, e son das categorias benxamín, alevín e senior.

Así os alevíns, sábado ás 10.30 h. en Pontecesures recuperarán un dos aprazados que teñen pendentes diante do C.B. Grove. Son os 2 equipos mais fortes do grupo mixto de liga, polo que os nosos alevíns xoganse ser 1º de grupo.

A continuación haberá un torneo de benxamíns, no que participarán 2 equipos do C. B. Grove e os 2 equipos das nosas escolas de baloncesto: Valga e Pontecesures. Sábado 3, a partir das 12 no polideportivo cesureño.

Finalmente xa pola tarde, a partir das 19.15 h. partido do equipo senior diante do Estudiantes de Pontevedra. Duelo de colistas, onde o Extrugasa non ten mais marxe de maniobra se quere escapar dos postos de descenso. Esperamos poder empezar o 2009 superando a este rival directo e romper a mala racha de resultados deste final de ano.

Este partido tivo que se suspender hai unhas semanas pola humidade da pista, quedando aprazado para esta data.

Posteriormente iránse incorporando os demais equipos ás competicións oficiais, logo do parón navideño.

Por fru, hace

Carta de felicitación do Club Náutico aos colaboradores coa institución.

A Dirección do Club Náutico de Pontecesures quere agradecer a enorme esforzo que sen dúbida realizades con esta entidade deportiva. Vos sodes os verdadeiros impulsores da actividade náutica desta comarca, posto que sen a vosa colaboración, toda a nosa ilusión e compromiso non sería suficiente para desenvolver o traballo que facemos tódolos días do ano.
Neste momento que estamos a vivir, sen dúbida complicado para todos, o voso compromiso é unha mostra exemplar de solidariedade con Club Náutico Pontecesures e con tódolos nenos e persoas que disfrutan desta actividade náutica. Saber que valorades esta actividade deportiva e o esforzo que cada día facemos por ter algo neste pobo do que todos se sintan orgullosos supón, sen dúbida, unha grande satisfacción para todos os que integramos esta realidade deportiva.
Pese as dificultades que estamos atravesando, sólo polo voso apoio e pola ilusión dos rapaces, loitaremos día a día para seguir facendo un Club Náutico Pontecesures como ata o de agora:

Para todos e cunha única linguaxe: «O Deporte».

Polo voso esforzo, e porque o merecedes, dende a Dirección do Club Náutico de Pontecesures queremos dexesarvos para vós e as vosas familias un ano 2009 che de saúde e alegría.

FELIZ 2009
A XUNTA DIRECTIVA