Comezaron hoxe as clases de ximnasia de adultos 2008/2009.

Oito mulleres asistiron hoxe á primeira clase de ximnasia de adultos que tivo lugar no pavillón municipal ás 9:15 horas. Aínda que a instalación estaba chea de nenos/as do CPI Pontecesures por mor do asolagamento parcial do edificio de primaria e secundaria do centro, a clase impartiuse sen problemas no primeiro andar do pavillón.
Faise un chamamento para que asistan máis persoas a estas clases gratuitas, lembrando que terán lugar os luns, mércores e venres, de 9:15 a 10:30 horas e os martes e os xoves de 20:15 a 21:15 horas.

Exposición sobre protección da natureza na Casa do Concello de Pontecesures.

Vai estar exposta no Salón de Plenos deste Concello, dende mañá martes día 2 ate ó venres día 5, en horario de 9 a 15 h., unha exposición chamada ??GALICIA, CONSERVANDO A NATUREZA?, organizado pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

A exposición está composta por unha veintena de paneis informativos sobre os principais espacios naturais protexidos de Galicia.

Programa «Aquelando 2» en Pontecesures.

A Deputación Provincial de Pontevedra acaba de aprobar o Programa ??Aquelando 2?, dirixido a persoas desempregadas que queiran formarse coma coidadores/as de persoas maiores, diminuídas ou dependentes.
Trátase de unha serie de cursos gratuítos de formación en 7 localidades da provincia. Nesta zona teremos un curso en Valga de ??Coidador/a de Persoas con Discapacidade Física e/ou Psíquica?. Para mais información sobre este programa, aquelas persoas interesadas deberán pasar pola oficina do Técnico de Emprego de Pontecesures, na casa do Concello, de luns a venres de 8 a 15 h.

Xornada sobre innovación tecnolóxica da Cámara de Comercio de Vilagarcía.

XORNADA SOBRE INNOVACI?N TECNOL?XICA NO COMERCIO RETALLISTA
Organiza: Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vilagarcía de Arousa
Data: 3 de decembro de 2008
Hora: 12,30 horas
Destinatarios: Propietarios/as y/o traballadores/as do sector comercio emprendedores/as, técnicos, e público en xeral.
Lugar: Auditorio da Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa. Avda Doctor Tourón, 46. Vilagarcía de Arousa.
Prezo: Gratuito, previa inscripción.

Para máis información:
Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa
Avda. Doctor Tourón, 46
Vilagarcía de Arousa
Tlf.: 986.56.52.86- Fax.:986.50.06.21
cinterior@camaravilagarcia.com

Un incendio calcina parte de una vivienda de madera en Cordeiro.

Un incendio que se declaró sobre las ocho de la tarde de ayer calcinó parte de una vivienda de madera en el número 29-B del lugar de Barro, perteneciente a la parroquia de Cordeiro. El fuego, cuyas causas están siendo investigadas pero todavía se desconocen, afectó aproximadamente al veinte por ciento de la casa, además de a algún mobiliario que había en su interior.
En el momento de producirse el incendio había dos personas dentro del inmueble ­dos hermanos­ que ??sentiron un cruxido?, explican desde la agrupación de Protección Civil. Cuando se percataron de las llamas intentaron apagarlas con una manguera, hasta que llegó a la zona una dotación de la base vilagarciana de los Bombeiros de O Salnés y los voluntarios de Protección Civil, que cerca de las once de la noche todavía continuaban en el lugar realizando tareas para cerciorarse de que el fuego no volvía a reproducirse y para tratar de averiguar qué pudo provocar el incendio. Además estaban valorando los daños causados por las llamas en el inmueble.

DIARIO DE AROUSA, 01/12/08

BALONCESTO: O EXTRUGASA IMPONSE ANTE UN RIVAL DIRECTO 61 – 53

EXTRUGASA RIO ULLA = 61

J.L. (6), Peñaño (12), Victor (-), Pedro (-), Nacho (19), Santi (4), Arturo (4), Pepi (14), Felipe (2) e Juanjo (-) .

 

PESCADOS ANITA ?? VILANOVA = 53

 

Victoria local traballada ante un rival que tivo as súas opcións tamén. Importante para os cesureños que, instalados nos ultimos postos, non se quedan descolgados na clasificación, o que pasaría caso de perder, pois con 2 victorias estamos 4 equipos, e van ser decisivos os partidos entre os 4: Vilanova, Pontevedra, Cambados e nos, inda que Motobazar está con 3 victorias e lle queda un calendario difícil por diante nos 2 partidos que quedan ate o remate da 1ª volta.  

 

Iniciouse o encontro e o Extrugasa forte en defensa individual, lograba parar os ataques dos de Vilaova, asegurando o rebote defensivo. Logo o ataque cesureño funcionaba contra a zona 2-3 esperada dos visitantes xogando balóns interiores para Nacho e Santi. O Extrugasa domina o cuarto todo o tempo, e cun parcial de 17 – 8 nestes 10 minutos iniciais logra impoñerse claramente, gracias a unha tripla final.

 

No 2º cuarto aparece Peñaño en pista, pero axiña cargase de persoais, e con Pepi descansando, botase en falta mais xogo exterior. Así os de Vilanova empezan a achegarse, pois fallaba o ataque contra a zona, que se pechaba mais, e inda que apareceu Arturo neses momentos  (min 13: 21 ?? 17), o xogo neste cuarto era bastante malo polos locais. Chegase ó final do cuarto 25 ?? 26, e Vilanova que se pon diante no ultimo segundo, gracias a unha tripla logo de recuperar o balon cando quedaban 6 segundos.

 

Aclaráronse as ideas no descanso, e de novo o xogo en ataque local foi mais fluído. Peñaño empezou a aparecer, e xunto con Pepi e Nacho empezaron a anotar. Ponse Extrugasa por diante (min 24: 31 ?? 30), logo, a base de moita defensa e o acerto con 2 triplas mais chegan ó remate do 3º cuarto dominando por 9: 45 ?? 36.

 

Iniciouse o último período e o Extrugasa mantiña as diferencias en torno ós 8 puntos (min 33: 50 ?? 42), cunha ova tripla de Peñaño. O partido quentase un pouco, e Vilanova que se achega a 6 puntos: (min 36: 53 ?? 47). Sancionado Santi Vilanova aproveita a xogada para achegarse a 2 (55 ?? 53), quedando pouco mais de 1 minutos. Vilanova que se pon a defender o home pero Nacho, Pepi e Peñaño sentencian dende o tiro libre (59 ?? 53), e non dan opcións á sorpresa, anotando os últimos 2 tiros libres Felipe á falta de poucos segundos.

 

E para a semana toca Pontevedra, outro equipo dos de abaixo, e toca xogar de novo na casa, polo que o equipo volta a disputar outra ??final? para tratar de salvarse.

Este resultado uniuse ó dos equipos base do club, pois este fin de semana gañaron os 4 equipos que xogaban.

– Os cadetes impuxéronse por 27 puntos no Liceo de Vilagarcía.

– Os infantis gañaron por 22: 71 – 53, no cruce polo título ante cambados, coa fenomenal actuacion do local David López, autor de 37 puntos. Agora perdendo por menos de 21 puntos clasificanse para semifinais.

– As nenas infantis gañaron comodamente por 63 – 13 ás nenas do Liceo.