BALONCESTO: O EXTRUGASA IMPONSE ANTE UN RIVAL DIRECTO 61 – 53

Publicado por fru en

EXTRUGASA RIO ULLA = 61

J.L. (6), Peñaño (12), Victor (-), Pedro (-), Nacho (19), Santi (4), Arturo (4), Pepi (14), Felipe (2) e Juanjo (-) .

 

PESCADOS ANITA ?? VILANOVA = 53

 

Victoria local traballada ante un rival que tivo as súas opcións tamén. Importante para os cesureños que, instalados nos ultimos postos, non se quedan descolgados na clasificación, o que pasaría caso de perder, pois con 2 victorias estamos 4 equipos, e van ser decisivos os partidos entre os 4: Vilanova, Pontevedra, Cambados e nos, inda que Motobazar está con 3 victorias e lle queda un calendario difícil por diante nos 2 partidos que quedan ate o remate da 1ª volta.  

 

Iniciouse o encontro e o Extrugasa forte en defensa individual, lograba parar os ataques dos de Vilaova, asegurando o rebote defensivo. Logo o ataque cesureño funcionaba contra a zona 2-3 esperada dos visitantes xogando balóns interiores para Nacho e Santi. O Extrugasa domina o cuarto todo o tempo, e cun parcial de 17 – 8 nestes 10 minutos iniciais logra impoñerse claramente, gracias a unha tripla final.

 

No 2º cuarto aparece Peñaño en pista, pero axiña cargase de persoais, e con Pepi descansando, botase en falta mais xogo exterior. Así os de Vilanova empezan a achegarse, pois fallaba o ataque contra a zona, que se pechaba mais, e inda que apareceu Arturo neses momentos  (min 13: 21 ?? 17), o xogo neste cuarto era bastante malo polos locais. Chegase ó final do cuarto 25 ?? 26, e Vilanova que se pon diante no ultimo segundo, gracias a unha tripla logo de recuperar o balon cando quedaban 6 segundos.

 

Aclaráronse as ideas no descanso, e de novo o xogo en ataque local foi mais fluído. Peñaño empezou a aparecer, e xunto con Pepi e Nacho empezaron a anotar. Ponse Extrugasa por diante (min 24: 31 ?? 30), logo, a base de moita defensa e o acerto con 2 triplas mais chegan ó remate do 3º cuarto dominando por 9: 45 ?? 36.

 

Iniciouse o último período e o Extrugasa mantiña as diferencias en torno ós 8 puntos (min 33: 50 ?? 42), cunha ova tripla de Peñaño. O partido quentase un pouco, e Vilanova que se achega a 6 puntos: (min 36: 53 ?? 47). Sancionado Santi Vilanova aproveita a xogada para achegarse a 2 (55 ?? 53), quedando pouco mais de 1 minutos. Vilanova que se pon a defender o home pero Nacho, Pepi e Peñaño sentencian dende o tiro libre (59 ?? 53), e non dan opcións á sorpresa, anotando os últimos 2 tiros libres Felipe á falta de poucos segundos.

 

E para a semana toca Pontevedra, outro equipo dos de abaixo, e toca xogar de novo na casa, polo que o equipo volta a disputar outra ??final? para tratar de salvarse.

Este resultado uniuse ó dos equipos base do club, pois este fin de semana gañaron os 4 equipos que xogaban.

– Os cadetes impuxéronse por 27 puntos no Liceo de Vilagarcía.

– Os infantis gañaron por 22: 71 – 53, no cruce polo título ante cambados, coa fenomenal actuacion do local David López, autor de 37 puntos. Agora perdendo por menos de 21 puntos clasificanse para semifinais.

– As nenas infantis gañaron comodamente por 63 – 13 ás nenas do Liceo.

 


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.