PR?XIMAS ACTUACI?NS DA CORAL POLIF?NICA PONTECESURES

Coral

  • Sábado 8 de novembro , misa aniversario por Dona Manuela Ferro Ferro ás 12 horas na Igrexa Parroquial de Pontecesures.
  • Sábado 22 de novembro, misa na honra a Santa Cecilia ás 18 horas na Igrexa Parroquial de Pontecesures.
  • Domingo 23 de novembro, misa do Sagrado Corazón de Xesús ás 18 horas na Igrexa Parroquial de Pontecesures.
  • Sábado 13 de decembro, misa na honra a Santa Lucía ás 13 horas na Igrexa de Santa María de Xanza.
  • Sábado 13 de decembro, Xuntanza de Corais ás 18:45 horas na Igrexa Parroquial de Pontecesures coas actuaciós de:

* Coral Polifónica Padronesa

* Agrupación Coral Pazo de Oca da Estrada

* Coral Infantil Melodías de Pontecesures

* Coral Polifónica Pontecesures.

  • Domingo 21 de decembro, Festival de Corais en Padrón.

O CB RIO ULLA ACUDE A SAR A PRESENCIAR O ENCONTRO ENTRE O OBRADOIRO E O GIPUZCOA BASKET.

Na mañán do domingo, e grazas ó convenio firmado entre o Obradoiro CAB, o CB Rio Ulla e o Concello de Pontecesures no seu momento, un autobús con 50 persoas entre deportistas, adestradores e familiares acudiu ó Multiusos Fontes do Sar a presenciar o partido da xornada 3 da liga ACB entre o Obradoiro e o Gipuzcoa BAsket.

IMG_7301 (Copiar)

Especial mención para as integrantes dos equipos da categoria Infantil Feminia 2014-15, que tiveron ocasión de participar en concursos e xogar un partidillo no descanso do encontro da ACB.

Aqui podemos ver un enlace coas 3 galerías de fotos do que alí aconteceu:

GALERIA I

GALERIA II

GALERIA III

(EDITO E COMPARTO DE NOVO PARA QUE SE VEXAN AS 3 GALERIAS DE FOTOS)

Contestación ó Sr Sabariz polas queixas dos asfaltados nas rúas centrais do pobo

Unha vez máis demostrase a falta de ética, manipulación e demagoxia do Sr Sabariz, Nestes días fixo un escrito denunciando problemas na pavimentación das rúas centrais do pobo.

Pois ben queremos recordarlle a este concelleiro que como tal ten dereito a solicitar o expediente da memoria das obras no Concello. Si en vez de criticar se molestase en ler a Memoria Valorada das obras vería que na folla nº 8 (que se xunta) pon expresamente ??Será preciso axustar a cota das tapas das arquetas existentes ao nivel final do novo asfalto. No caso das rúas Patifas e Carlos Maside, será preciso, asemade, realizar unha canaleta de formigón pulido in situ que permita recoller as augas á vez que rebaixar o nivel da zona de rodadura no seu encontro cos bordos das beirarrúas.?

E polo tanto, as obras estánse a facer agora mesmo, non porque critique o sr Sabariz, senón porque xa está recollido na memoria valorada das obras.

Podemos entender as preocupacións dos cidadáns xa que non teñen acceso á memoria valorada, pero as queixas do Sr Sabariz son pura demagoxia e manipulación. Esto demostra una vez máis a sua falta de ética na política xa que lle serve todo con tal de criticar ó equipo de goberno.  O que pretendía este señor era anotarse o tanto da realización das canaletas debido as súas queixas.

Cambie de estratexía porque esta xa está moi vista. Xa lle dixemos que porque repita unha mentira mil veces esta non se convirte en realidade (frase inventada por Goebbels para a manipulación das masas).

Pois non, Sr Sabariz, non actuamos coma vostede di a toque de cornetín.

Está moi ben que faga a súa laboura de oposición, pero antes de criticar moléstese en informarse vostede e non desinformar á veciñanza para manipulala.

MEMORIA VALORADA_ASFALTADO 9 ZONAS_PUMSIM.2014 paxina 8